InicioSUCESOSA Policía investiga un intento de roubo con butrón nunha sucursal bancaria...

A Policía investiga un intento de roubo con butrón nunha sucursal bancaria de Conxo

Polo menos dúas persoas accederon ao interior do BBVA na Avenida de Ferrol, pero fuxiron ao seren sorprendidas por dous empregados

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Nacional investiga un intento de roubo con butrón nunha sucursal do BBVA situada no barrio compostelán de Conxo, logo de que polo menos dúas persoas accedesen ao interior da oficina bancaria, pero abandonasen o lugar ao seren sorprendidas por dous traballadores.

Segundo fontes coñecedoras dos feitos, o asalto tivo lugar esta mesma mañá, antes da apertura ao público, na oficina situada na Avenida de Ferrol. Os autores do intento de roubo entraron pola noite a través do portal do edificio, practicando un buraco na parede para acceder ao interior das instalacións bancarias.

Con todo, o plan viuse frustrado cando, xa de mañá, o director da sucursal e outro empregado chegaron ao local. Ao decatarse da súa presenza, os presuntos autores fuxiron inmediatamente, sen tempo para levar a cabo o roubo.

No lugar desprazáronse de inmediato varias patrullas da Policía Nacional e da Policía Local, así como efectivos da Policía Científica, que recolleu indicios e mostras no interior da oficina para tratar de identificar aos implicados.

O xulgado competente decretou o segredo das actuacións, polo que, por agora, non transcenderon máis detalles sobre os avances da investigación nin se confirmaron detencións. O suceso xerou inquietude entre os veciños da zona, que foron testemuñas da chegada dos corpos policiais e do dispositivo montado ao redor da entidade.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Dous feridos en Santiago por unha fuga de gas nunha vivenda

Dúas persoas víronse afectadas por unha fuga de gas dun quentador nunha vivineda de...

Falece un home tras sufrir un atropelo en Santiago de Compostela

Un home faleceu na tarde deste xoves tras sufrir un atropelo en Santiago de...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do...