InicioSANTIAGOTres feridos en Santiago tras o choque entre dous vehículos

Tres feridos en Santiago tras o choque entre dous vehículos

Unha vez no lugar, os bombeiros confirmaron que un implicado permanecía atrapado no seu coche, polo que procederon coas tarefas de excarceración

Publicado o

Xornal de Compostela

Dúas persoas resultaron feridas este luns tras producirse unha colisión con tres vehículos implicados na estrada N-550, ao seu paso por Santiago de Compostela.

Segundo trasladou o 112 Galicia, foi un particular quen, pasadas as 07.00 horas, alertou á central de emerxencias deste sinistro no quilómetro 50 da N-550.

Con esta información, os operadores do 112 solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santiago, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada.

Unha vez no lugar, os bombeiros confirmaron que un implicado permanecía atrapado no seu coche, polo que procederon coas tarefas de excarceración.

Finalmente, dúas persoas foron trasladadas, unha delas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e outra ao Hospital Rosaleda.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Gran desprendemento de terras en Fontiñas polas fortes chuvias

As fortes choivas deste venres provocaron un desprendemento de terras no barrio compostelán de...

Novo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador Gonzaba

Un novo despregue de medios de emerxencia tivo lugar na noite deste sábado diante...

A Policía Nacional investiga se dúas mortes na rúa do Hospitaliño están ligadas a unha posible fuga de gas

A Policía Nacional abriu unha investigación en Santiago para esclarecer se o falecemento de...