InicioSUCESOSUn dos tres detidos pola morte do dono dunha carnicería na praza...

Un dos tres detidos pola morte do dono dunha carnicería na praza de abastos en Santiago foi xa posto en liberdade

As detencións fixéronse ao longo da mañá, as tres na capital galega. Os axentes tiñan identificadas as tres persoas desde primeira hora.

Publicado o

Por Ramón Mariño

O tres implicados na morte violenta do coñecido dono dunha carnicería da praza de abastos de Santiago foron xa detidos por axentes da Policía Nacional, segundo informan fontes da investigación, aínda que un deles quedou xa en liberdade.

As detencións fixéronse ao longo da mañá, as tres na capital galega. Os axentes tiñan identificadas as tres persoas desde primeira hora.

Os feitos polos que foron arrestados ocorreron na madrugada deste martes, cando o placeiro, Antonio Costa, propietario de Chelo & Muñico, atopábase entrando no recito.

Foi entón cando se produciu unha “pelexa” na que a vítima recibiu un golpe na cabeza, aínda que a autopsia deberá determinar se polo impacto dun obxecto ou ao caer ao chan. Non hai constancia de que levasen diñeiro do lugar.

O 061 recibiu alerta ás 4,43 horas pola agresión a este home de 60 anos. Ata o lugar desprazáronse dúas ambulancias e persoal sanitario da PAC de Santiago. De tal forma, Antonio Costa faleceu no lugar.

CONMOCIÓN

A praza foi acordoada durante unhas horas ata o levantamento do corpo e reabriu preto das 8,45 horas. Despois, entre gran conmoción polo sucedido, os placeiros repartiron e colocaron crespóns negros nos seus negocios e convocaron un minuto de silencio en sinal de pésame.

Ata o lugar trasladouse a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, quen lamentou este falecemento “despois dun altercado”. Remarca que a investigación está baixo segredo de sumario, baixo dirección da Policía Nacional, e esperarase á autopsia para esclarecer os feitos. Así, mandou un “fortísimo abrazo e todas as condolencias” aos familiares das vítimas.

Tamén acudiu á praza o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro. O xulgado que se atopaba de garda no momento dos feitos era o de instrución número 2.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Gran desprendemento de terras en Fontiñas polas fortes chuvias

As fortes choivas deste venres provocaron un desprendemento de terras no barrio compostelán de...

Novo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador Gonzaba

Un novo despregue de medios de emerxencia tivo lugar na noite deste sábado diante...

A Policía Nacional investiga se dúas mortes na rúa do Hospitaliño están ligadas a unha posible fuga de gas

A Policía Nacional abriu unha investigación en Santiago para esclarecer se o falecemento de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here