InicioECONOMÍARabia, indignación e crespóns negros na Praza de Abastos de Santiago tras...

Rabia, indignación e crespóns negros na Praza de Abastos de Santiago tras a morte violenta do carniceiro Antonio Costa

Pesar e indignación no comercio do centro histórico compostelán polo falecemento de Antonio Costa.

Publicado o

Xornal de Compostela

Placeiros de Santiago mostráronse conmocionados e protagonizaron unha repartición de crespóns negros para colocar nos seus negocios en sinal de pésame tras a morte violenta do dono da carnicería Chelo & Muñico.

Consultados por Europa Press, varios empresarios da praza denuncian ademais “falta de seguridade” no mercado e apuntan que o que se comenta é que os tres asaltantes do dono de Chelo & Muñico “viñan prexudicados”. Ademais, falan de Antonio Costa como unha “persoa marabillosa” e un home “moi traballador”.

Afectados polo sucedido, a tónica xeral entre os responsables de negocios da praza consultados por Europa Press é que Costa era “moi bo compañeiro”. De igual modo, Compostela Monumental trasladou –a través dun comunicado de prensa– o pesar e a indignación existente entre o comercio do centro histórico. A praza funciona de forma autónoma pero “son compañeiros” e “afecta como veciños e como empresarios”, resaltan fontes da asociación consultadas por Europa Press.

Pouco antes de que comezase o minuto de silencio convocado no mercado houbo unha repartición de crespóns negros para colocar nos distintos postos en sinal de pésame. Os feitos ocorreron ao redor das 4,30 horas deste martes e, en consecuencia, todos os consultados coinciden en que “ninguén viu nada”, xa que a esas horas aínda non hai case actividade no mercado.

DESCARTAN O ATRACO

Desde a Carnicería Pilar González, unha dos seus responsables mostrouse conmocionada e remarcou que coñecía ao falecido desde facía “moitísimos anos”, tanto a el como á súa familia, xa que Chelo & Muñico era un negocio familiar. “Non mo podo crer” e que “mala sorte”, lamentou, sen palabras pola emoción.

Asegura que o ocorrido “non tivo nada que ver coa praza”. “Cremos que era un atraco, pero non. Creo que foron tres mozos que viñan un pouquiño prexudicados e debéronse de meter con el, non che podo dicir moito”, asegurou. Outra muller, neste caso da queixería ‘Máis que’, incidiu en “problemas” de seguridade, con incidentes nos últimos tempos, para advertir de que o que lle pasou a Muñico “pódelle pasar a outro mañá”.

PIDEN “MÁIS MEDIOS”

Segundo relatou, hai aproximadamente un mes, ela mesma chegou ao mercado en coche coa súa filla e había “xente conflitiva” nas inmediacións. A praza de abastos conta con gardas de seguridade, pero esta placeira reclamou “máis medios”. “Ultimamente están a roubar locais. Hai xente estraña”, comenta. “Temos 360 locais, oito naves. É o segundo sitio máis visitado despois da Catedral. Non é posible que teñamos un ou dous vixiantes porque somos moitísimos, pagamos un canon mensual”, subliñou.

Ao seu xuízo, “debería estar máis reforzada a vixilancia porque hoxe foi Antonio, pero mañá pode ser calquera“. Neste sentido, apuntou á Xunta, pois cre que “debería tomar medidas”. “Porque se a cooperativa que leva a praza de abastos non pon o seu granito, pois tería que ser a Xunta de Galicia”, valorou. “Porque é moi forte o que pasou. É moi forte”, remarcou.

“REPULSA”

Na súa nota, Compostela Monumental traslada a súa “máis sentido pésame e respulsa” polo acontecido, en nome de todos os asociados e a “toda a gran familia da Praza de Abastos, familiares e amigos do empresario” Antonio Costa. “Queremos mostrar a nosa solidariedade e agarimo, nestes momentos tan duros para toda a súa familia e amigos”, sinala a xunta directiva da asociación.

ÚLTIMAS

A non tan nova “loita” da música en streaming

Na época que vivimos, os servizos de streaming están á orde do día. É...

O PP alerta sobre posibles problemas nos centros culturais de Santiago

Os concelleiros do PP de Santiago, José Ramón de la Fuente e Olaya Otero,...

As escolas unitarias de Ames consolidan a súa matrícula con servizos de conciliación

As escolas unitarias de Covas e A Igrexa, situadas no Concello de Ames, alcanzaron...

Entrevista-pimpón a Xurxo Souto tras o visionado do seu documental ‘BRAVÚ XXX’

Tras o visionado do documental BRAVÚ XXX no Centro Xove da Almáciga, Xurxo Souto...

Declaran o secretario do Concello de Santiago e o exinterventor como testemuñas no ‘caso Desproi’

O coñecido como 'caso Desproi' segue activo e, despois de que a maxistrada compostelá...

A Xornada ‘El patronato de protección a la mujer’ busca visibilizar a violencia contra as mulleres desta institución

A concelleira de Memoria Histórica, Míriam Louzao, e a xornalista especializada neste ámbito, Montse...

Unha vintena de inmigrantes acollidos en Santiago, a piques de ser expulsados

Unha vintena de inmigrantes acollidos no recinto compostelán do Monte do Gozo xa viron rexeitada a...