InicioSUCESOS(Vídeo) Consegue roubar en 21 coches en menos de dúas horas no...

(Vídeo) Consegue roubar en 21 coches en menos de dúas horas no Milladoiro… Ata que é detido

A Garda Civil da Coruña detivo a un home veciño de Teo acusado de 38 delitos contra o patrimonio, a práctica totalidade roubos no interior de vehículos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Garda Civil da Coruña detivo a un home veciño de Teo acusado de 38 delitos contra o patrimonio, a práctica totalidade roubos no interior de vehículos. Dáse a circunstancia de que 21 destes roubos cometeunos en menos de dúas horas, o mesmo día, no núcleo do Milladoiro e a súa contorna. A operación iniciouse a finais de outubro de 2023, tras a detección de numerosos roubos con forza no interior de vehículos, nos que o autor utilizaba pedras para romper as xanelas dos coches afectados. Estes roubos producíanse tanto en vehículos estacionados na vía pública como en garaxes comunitarios.

O 7 de outubro de 2024, procedeuse á detención dun home en relación con estes feitos, de 30 anos de idade e veciño de Teo. Impútanselle 38 delitos contra o patrimonio, en concreto 36 delitos de roubo con forza no interior de vehículos, un delito de roubo con forza mediante escalo, e un delito de estafa. O detido aproveitaba as últimas horas da tarde para cometer os roubos, percorrendo distintas rúas de Milladoiro e arredores. O seu ‘modus operandi’ consistía en romper as lúas dos vehículos con pequenas pedras e subtraer pertenzas como documentación, obxectos de valor e diñeiro en efectivo. Nun dos casos, utilizou un dos cartóns bancarios roubados para realizar unha compra nun establecemento de alimentación.

A investigación foi froito de case un ano de traballo exhaustivo e a colaboración cidadá “tamén foi clave para o éxito da operación”, destaca a Garda Civil. Finalmente, o 7 de outubro, o detido foi sorprendido ‘infraganti’ tras fracturar os portelos de 21 vehículos en menos de dúas horas, nas localidades de Milladoiro e en varios parkings do municipio de Teo. Ese mesmo día, ademais, cometera un roubo nunha empresa de autobuses dun concello costeiro, onde violentou dous autobuses estacionados. No momento da detención, o individuo portaba diversas pertenzas subtraídas dos vehículos danados, as cales foron devoltas aos seus lexítimos propietarios.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Un menor resulta ferido tras ser atropelado na costa de San Domingos

Un menor resultou ferido este martes nun atropelo rexistrado na costa de San Domingos,...

O BNG de Teo denuncia que o Goberno de Lucía Calvo deixou sen executar tres millóns de euros en investimentos durante 2025

O BNG de Teo denunciou que o Goberno municipal do Partido Popular, encabezado pola...

A caída dunha árbore obriga a cortar a Avenida das Burgas no Campus Sur de Santiago

A caída dunha árbore de grandes dimensións provocou na mañá deste mércores o corte...