InicioSOCIEDADEMobilízanse traballadores de residencias privadas para esixir a equiparación salarial co sector...

Mobilízanse traballadores de residencias privadas para esixir a equiparación salarial co sector público

A CIG solicitou "en varias ocasións" manter unha reunión coa conselleira de Política Social, sen resposta

Publicado o

Xornal de Compostela

Traballadores de residencias privadas da terceira idade de toda Galicia mobilizáronse este luns ante o edificio administrativo da Xunta en Santiago para demandar unha equiparación das condicións salariais e sociais co persoal do sector público.

Segundo explicou a CIG nunha nota de prensa, a protesta forma parte dunha campaña iniciada pola central sindical “fai un par de anos” para reclamar ao Goberno galego un convenio de equiparación para todo o persoal do servizo de residencias privadas da terceira idade.

Deste xeito, a secretaria nacional de CIG-Servizos, Transi Fernández, lembrou que este é “un servizo que está privatizado” e polo que a Xunta “paga a certas empresas”. Con todo, o sindicato entende que isto “pode solucionarse” cun incremento de cocientes e coa equiparación salarial e social dos traballadores “cos das públicas da Xunta”.

“A Administración ten que sentar a negociar o establecemento dunhas cláusulas nos concursos que contemplan os aumentos salariais e as melloras das condicións sociais”, reivindicou a CIG.

Precisamente co obxectivo de abordar estas e outras cuestións, a central sindical fixo fincapé en que solicitou “en varias ocasións” manter unha reunión coa conselleira de Política Social “sen obter resposta” por parte do departamento autonómico.

ÚLTIMAS

Rueda visita unha panadaría de Santiago tras os incidentes na folga do 11N: “Tan importante é o dereito á folga como a traballar”

O dereito á folga e o dereito a traballar volveron situarse este martes no...

O comité de Tralusa e delegados de Aulusa denuncian “escurantismo” sobre o contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela comeza a xerar preocupación...

A USC acumula 85 estudantes en lista de espera para recibir atención psicolóxica

A Universidade de Santiago de Compostela ten actualmente 85 persoas en lista de espera...

Fly2Galicia asegura que están garantidos os voos a partir do 1 de decembro cun único avión de White Airways

A turoperadora Fly2Galicia asegura que manterá a programación de voos chárter desde o aeroporto...

Santiago queda sen oito novas rutas aéreas a só dúas semanas da súa estrea: Flyyo non operará os voos comercializados por Fly2Galicia

A turoperadora Fly2Galicia anunciou a contratación da aeroliña portuguesa White Airways para operar, a...

Condenados a máis de 4 anos de prisión por prender lume a unha discoteca de Santiago con 200 persoas dentro por non deixalos entrar

O que comezou como unha negativa a permitir a entrada nun local de ocio...

O maquinista do Alvia evita polo de agora o cárcere á espera da decisión sobre o indulto

A xuíza María Elena Fernández Currás accedeu a suspender o cumprimento da pena de...