InicioSOCIEDADESantiago aprobará unha nova ordenanza para regular o uso dos patíns eléctricos...

Santiago aprobará unha nova ordenanza para regular o uso dos patíns eléctricos e bicicletas

O Concello prevé a entrada en vigor da normativa en 2024, incluíndo medidas para garantir a seguridade viaria en zonas peonís e históricas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela ultima a aprobación definitiva dunha nova ordenanza de circulación que regulará o uso dos vehículos de mobilidade persoal (VMP), como os patíns eléctricos, e as bicicletas. Esta nova normativa, que se espera entre en vigor en 2024, actualiza a vixente desde 2006 e busca adaptarse ao crecemento do uso deste tipo de vehículos nos últimos anos.

A normativa establece que os VMP poderán circular por todas as vías urbanas, exceptuando túneles e determinadas rúas que se sinalicen expresamente por motivos de seguridade. A velocidade máxima permitida será de 20 km/h nos carrís bici e non poderán circular polas beirarrúas nin nas zonas de uso exclusivamente peonil. Ademais, os condutores deberán portar roupa reflectante e os VMP deberán estar equipados con timbre, sistema de freado, luces e catadióptricos.

Segundo explicou o concelleiro de Mobilidade, a nova normativa tamén inclúe a prohibición do uso de móbil ou auriculares durante a condución e mantén a posibilidade de sancionar os infractores, aínda que as contías das multas aínda non foron definidas.

Un dos cambios máis importantes será a posibilidade de circular pola cidade histórica, sempre que non se superen os 10 km/h e non se comprometa a seguridade dos peóns. Ademais, o Concello terá a capacidade de restrinxir o uso de VMP en determinadas áreas e regular a súa utilización en rutas turísticas.

A ordenanza tamén inclúe novas regras para o uso de bicicletas, como a obrigatoriedade de circular en grupo de ata dúas columnas e o cumprimento dos límite de 30 km/h nas vías urbanas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O xulgado inicia a execución da sentenza de Angrois e dá un mes a QBE para pagar as indemnizacións pendentes

O Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela puxo en marcha a execución da...

O bombeiro Jimmy Go completa os 30 maratóns pola prevención do suicidio en Santiago

O bombeiro madrileño Jaime Domínguez, coñecido nas súas redes sociais como Jimmy Go, completou...

Santiago gaña oito novas conexións aéreas

A nova compañía aérea Fly2Galicia anunciou que comezará a operar o 1 de decembro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here