InicioSOCIEDADEA CIG denuncia a “cronificación” da masificación nas Urxencias do CHUS, con...

A CIG denuncia a “cronificación” da masificación nas Urxencias do CHUS, con case 500 entradas diarias

O sindicato critica a “falta de medios”, un plan funcional “obsoleto” e sinala tamén a situación da Atención Primaria e as listas de espera da área sanitaria de Santiago e Barbanza

Publicado o

Xornal de Compostela

A CIG volveu denunciar a “cronificación” da asistencia masiva e a “falta de medios” no servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Segundo sinala o sindicato nun comunicado, o servizo mantén un plan funcional que cualifica de “obsoleto” respecto das necesidades asistenciais actuais, “deixando equipos asistenciais bloqueados nas fins de semana mentres se acumulan pacientes nos corredores”.

A central sindical advirte ademais de que o persoal se ve sometido “constantemente” a situacións de estrés como consecuencia da elevada demanda asistencial e da falta de medios e de previsión. Por este motivo, a CIG reclama unha valoración multifactorial que permita analizar as causas da masificación do servizo de Urxencias e ofrecer unha resposta a unha situación que, segundo sostén, se agravou de maneira importante nos últimos anos. O sindicato afirma que a asistencia no servizo case se duplicou nos últimos anos e que actualmente se sitúa arredor das 500 entradas diarias.

A ATENCIÓN PRIMARIA, ENTRE OS FACTORES QUE SINALA A CIG

“Un dos principais factores é a situación de desmantelamento en que se atopa a atención primaria, sen o desenvolvemento do plan de recursos humanos e a implantación de axendas de traballo específicas para as diferentes categorías profesionais, que ven limitadas as súas competencias”, argumenta a CIG. Para o sindicato, a situación da Atención Primaria contribúe así á elevada presión asistencial que soporta o servizo de Urxencias do CHUS.

A central sindical apunta tamén como outro dos factores as listas de espera no ámbito da atención especializada. Neste sentido, sinala que a área sanitaria de Santiago e Barbanza é a que presenta “maior tempo medio de espera cirúrxica e de probas de radioloxía”. A CIG critica ademais que, segundo sostén, non existe un plan por parte da Xerencia para reducir estas demoras, polo que insiste na necesidade de abordar de maneira global as causas que están detrás da saturación das Urxencias.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

A mocidade de Santiago propón novos espazos de lecer e melloras na mobilidade e na comunicación

O Consello Municipal de Mocidade de Santiago de Compostela reuniuse este xoves para estudar...

Condenados a máis de 4 anos de prisión por prender lume a unha discoteca de Santiago con 200 persoas dentro por non deixalos entrar

O que comezou como unha negativa a permitir a entrada nun local de ocio...

O helicóptero do 061 con base en Santiago permanece inoperativo dende o venres por un problema de documentación

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago leva sen operar dende o...