InicioSOCIEDADESantiago celebra o Orgullo 2026 baixo o lema 'Contra o odio: rede,...

Santiago celebra o Orgullo 2026 baixo o lema ‘Contra o odio: rede, cultura e orgullo’

A campaña municipal do Orgullo 2026 desenvolverase baixo o lema “Contra o odio: rede, cultura e orgullo” e incluirá exposicións, teatro, roteiro histórico, faladoiros e unha gala na Praza de Mazarelos.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago presentou este venres a campaña do Orgullo 2026, que baixo o lema “Contra o odio: rede, cultura e orgullo” centrará as súas propostas en dar resposta ao incremento dos delitos de odio e da LGTBIfobia. Nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, explicou que o goberno local quere poñer o foco na sensibilización e na defensa de dereitos básicos, así como na memoria, na reivindicación, na resistencia e na necesidade de avanzar fronte á discriminación. A rexedora sinalou que os alicerces fundamentais da campaña serán a “rede”, poñendo en valor o traballo da Casa Xohana Torres; a “cultura”, como ferramenta de transformación e pensamento crítico; e o “orgullo” de reivindicar identidades diversas.

EXPOSICIÓN, ROTEIRO HISTÓRICO E TEATRO

A programación prevista para este mes na capital galega inclúe a exposición participativa “Rostros e corpos contra o odio: instalación artística e comunitaria”, que poderá visitarse do 22 ao 28 de xuño no CSC do Ensanche. Tamén haberá un roteiro histórico da man de Carlos Callón, que se celebrará o 19 de xuño e que buscará visibilizar a memoria histórica e as realidades LGTBI máis aló da idade contemporánea. Ademais, a compañía de teatro Ghazafelhos representará “Travesía Unicornio” o 15 de xuño no parque de Bonaval. O 25 de xuño celebrarase tamén un faladoiro na Casa Xohana Torres sobre a situación actual da LGTBIfobia e o impacto dos discursos de odio.

GALA DO ORGULLO NA PRAZA DE MAZARELOS

O sábado 27 terá lugar o evento central da campaña, a Gala do Orgullo 2026, que se celebrará na Praza de Mazarelos. A cita contará coas actuacións musicais de O Xoán e Pídechas o corpo, así como con espectáculos drag e coa entrega dos premios do certame de poesía Avante LGTB+. “Estas actividades son unha parte relevante, pero non son todo o que se fai no día a día”, reivindicou Goretti Sanmartín, que puxo en valor tanto o servizo LGTBI, con atención psicolóxica e xurídica, como o traballo da Casa Xohana Torres, que desenvolve actividades concretas mes a mes.

A alcaldesa lembrou ademais que o 26 de xuño a corporación municipal procederá á lectura dun manifesto, aprobado como declaración institucional no último pleno. Deste xeito, Santiago busca facer do Orgullo 2026 un espazo de celebración, memoria e resposta colectiva fronte aos discursos de odio, cunha programación que combina cultura, participación comunitaria e defensa dos dereitos LGTBI.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

A mocidade de Santiago propón novos espazos de lecer e melloras na mobilidade e na comunicación

O Consello Municipal de Mocidade de Santiago de Compostela reuniuse este xoves para estudar...

Condenados a máis de 4 anos de prisión por prender lume a unha discoteca de Santiago con 200 persoas dentro por non deixalos entrar

O que comezou como unha negativa a permitir a entrada nun local de ocio...

O helicóptero do 061 con base en Santiago permanece inoperativo dende o venres por un problema de documentación

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago leva sen operar dende o...