InicioSOCIEDADEA USC mantense entre as 500 mellores universidades do mundo

A USC mantense entre as 500 mellores universidades do mundo

O Center for World University Rankings (CWUR) mantén á Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre as 500 mellores universidades do mundo situándoa na posición 496 e no posto 12 de institucións españolas recollidas nesta clasificación.

Publicado o

Xornal de Compostela

Center for World University Rankings (CWUR) mantén á Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre as 500 mellores universidades do mundo situándoa na posición 496 e no posto 12 de institucións españolas recollidas nesta clasificación. Ademais, a universidade da capital galega ocupa o chanzo 196 no apartado relativo a universidades europeas.

Tal e como trasladou a USC, o rendemento investigador e a empregabilidade son dous dos aspectos mellor valorados da entidade compostelá. Mentres, a Universidade da Coruña sitúase no posto 992 a nivel mundial e no 34 de España; e a de Vigo no 811 e no 27, respectivamente. A metodoloxía empregada polo CWUR parte dunha serie de indicadores estruturados en catro ámbitos. Por unha banda, a calidade da educación mídese a través do número de alumnado que obtivo distincións académicas en relación ao tamaño da institución. En concreto, este ítem conforma o 25 % da puntuación final no ranking.

O estudiantado que obtivo postos executivos de relevancia nas máis importantes compañías do mundo é o indicador que CWUR toma en consideración á hora de abordar o nivel de empregabilidade e que ten un peso do 25 % no cómputo global da clasificación. O persoal docente e investigador que recibise distincións académicas serve para medir a calidade dos centros cun peso do 10 % no conxunto da puntuación final.

Finalmente, no indicador relativo á investigación científica, CWUR analiza o número total de artigos publicados (10 %), o número de artigos publicados en revistas de primeiro nivel (10 %), o número de artigos publicados en revistas de gran influencia (10 %), así como o número de artigos máis citados (10 %). Os datos rexístranse a través da información achegada polas propias universidades, así como a través de enquisas.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Ulloa Viva leva ao Parlamento a súa demanda de “carpetazo definitivo” ao proxecto de Altri

A Plataforma Ulloa Viva mantivo este martes no Pazo do Hórreo encontros con todos...

Instalado o acelerador de protóns do Centro de Protonterapia destinado a tratar o cancro en Santiago

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presenciou este sábado a instalación do acelerador de...

O CEIP Monte dos Postes mobilízase contra o “déficit sanguento” de persoal de apoio

A mobilización convocada pola ANPA do CEIP Monte dos Postes en Santiago de Compostela...