InicioSOCIEDADEDous investigadores da USC alertan do reto de detectar artigos científicos fraudulentos

Dous investigadores da USC alertan do reto de detectar artigos científicos fraudulentos

Alberto Ruano Raviña e Cristina Candal Pedreira analizan o fenómeno das chamadas “fábricas de artigos” e expoñen o potencial da intelixencia artificial para identificar publicacións científicas manipuladas que aínda seguen sen detectar

Publicado o

Xornal de Compostela

Os profesores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Alberto Ruano Raviña e Cristina Candal Pedreira abordaron nun editorial titulado ‘Intelixencia artificial para a detección de artigos de fábricas de artigos’, publicado no British Medical Journal, a posible detección de artigos “fraudulentos” mediante técnicas de intelixencia artificial. En concreto, centráronse nas chamadas “fábricas de artigos”, empresas ás que miles de investigadores recorreron para mercar a autoría de artigos en revistas indexadas.

“Como resultado, miles de artigos foron retractados ata a data e estímase que un número moi elevado permanece sen detectar”, subliñaron. Segundo os autores, “estas empresas xeran manuscritos deseñados para pareceren artigos científicos lexítimos, a miúdo utilizando datos e imaxes falsificados, manipulados ou duplicados. A autoría destes manuscritos véndese a autores e envíanse a revistas científicas para a súa publicación coma se fosen artigos académicos xenuínos”.

Con todo, explicaron que detectar artigos procedentes de fontes fraudulentas segue a ser un desafío por varias razóns. En primeiro lugar, porque estes traballos están espallados por múltiples revistas e adoitan revisarse de maneira individual. En segundo lugar, porque a revisión posterior á publicación depende dun número relativamente pequeno de investigadores especializados; en terceiro lugar, porque algunhas revistas poden carecer dos recursos necesarios para detectar esta contaminación a gran escala; e, por último, porque moitos investigadores aínda descoñecen a dimensión do problema.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...