InicioSOCIEDADEA Mocidade Socialista chama a tomar Santiago o 1 de maio contra...

A Mocidade Socialista chama a tomar Santiago o 1 de maio contra a guerra e o auxe reaccionario

A Coordinadora da Mocidade Socialista convoca unha manifestación o 1 de maio ás 19.30 horas desde a Praza Roxa para denunciar “a guerra imperialista”, o rearmamento da UE e o avance dos discursos da extrema dereita

Publicado o

Xornal de Compostela

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) anunciou este venres a convocatoria dunha manifestación, o próximo 1 de maio ás 19.30 horas en Santiago —con saída desde a Praza Roxa—, “contra a guerra imperialista e o aumento dos discursos reaccionarios”. A organización fixo un chamamento á “mocidade traballadora galega” a mobilizarse no Día Internacional dos Traballadores para denunciar “o aumento das agresións imperialistas a nivel internacional, o rearmamento da UE e o crecente militarismo dos estados europeos”.

A CMS iniciou este mes de marzo unha campaña de denuncia desta situación, con 16 actos en diferentes barrios e campus universitarios de Galicia. Con estas mobilizacións queren poñer fin á “idea estendida” de que a mocidade está cada vez máis próxima aos discursos da extrema dereita e o fascismo. Nese sentido, convidaron a “demostrar nas rúas” que existe unha mocidade disposta a facer fronte a eses discursos e a “organizarse politicamente en clave socialista”.

ÚLTIMAS

Sanmartín declárase “culpable” da súa xestión e acusa ao PP de obstaculizar a acción de goberno

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, realizou este venres unha valoración dos últimos plenos...

The Rapants converterán o Multiusos do Sar nunha discoteca cun concerto ante case 6.000 persoas

O Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela acollerá este sábado unha cita...

O PSOE esixe ao Goberno local que licite as obras de rehabilitación do estadio Vero Boquete

O voceiro socialista en Santiago, Aitor Bouza, reclamou este martes ao Goberno municipal que...

Un investigador da USC gaña o Premio Rosario Valpuesta cun ensaio que leva o coidado ao corazón do dereito privado

O investigador posdoutoral na facultade de Dereito Ignacio Varela Castro obtivo o IX Premio...

Un investigador da USC gaña o Premio Rosario Valpuesta cun ensaio que leva o coidado ao corazón do dereito privado

O investigador posdoutoral na facultade de Dereito Ignacio Varela Castro obtivo o IX Premio...

O Gaiás acollerá once espectáculos de vangarda no festival ‘Escenas do Cambio’

O festival de artes escénicas de vangarda 'Escenas do Cambio' ofrecerá once espectáculos no...

San Lázaro reúne a Corporación municipal e 27 restaurantes na tradicional poxa das uñas

A Poxa das Uñas de San Lázaro volveu converterse este ano nun dos principais...