InicioCULTURAThe Rapants converterán o Multiusos do Sar nunha discoteca cun concerto ante...

The Rapants converterán o Multiusos do Sar nunha discoteca cun concerto ante case 6.000 persoas

A banda muradá presenta este sábado en Santiago o seu novo proxecto 'Rapants Club' cun espectáculo que incluirá sorpresas desde a apertura de portas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela acollerá este sábado unha cita musical que reunirá a preto de 6.000 persoas, nun evento protagonizado pola banda galega The Rapants, que presentará en directo o seu novo traballo, Rapants Club.

O grupo, formado por Samuel, Xanma, Matías e Xaquín, visitou este venres o recinto xunto coa concelleira de Festas, Pilar Lueiro, coincidindo cos últimos preparativos do escenario. Durante a visita, a edil destacou a relevancia de que unha proposta destas características teña lugar na cidade e sinalou que “reforza precisamente esa idea de Santiago como unha cidade viva que sabe aproveitar os seus equipamentos para acoller propostas diversas e de gran formato”.

Lueiro puxo tamén o foco no contexto actual da música en galego e subliñou que “hai talento, hai creatividade e hai un público”, incidindo en que o idioma está “máis presente que nunca” en propostas contemporáneas con capacidade de chegar a diferentes audiencias.

Pola súa banda, os integrantes de The Rapants destacaron o valor simbólico do espazo, ao tratarse dun lugar no que asistiron a concertos durante a súa adolescencia. Neste sentido, cualificaron a actuación como “súper ilusionante” e avanzaron que o espectáculo contará con distintos elementos escénicos que transformarán o recinto.

A banda indicou que o obxectivo é converter o polideportivo nunha discoteca, cun ambiente festivo no que o público teña un papel activo. “Haberá sorpresas desde a apertura de portas” e “vai haber máis dunha bóla de espellos”, sinalaron, ao tempo que animaron ás persoas asistentes a acudir desde o inicio do evento.

O concerto contará tamén coa participación do grupo compostelán Ulex, que actuará como teloneiro. Desde The Rapants convidaron ao público a chegar con antelación para coñecer a súa proposta, destacando que “son uns rapaces moi bos”.

No que respecta á organización, o Goberno local activou un dispositivo especial co obxectivo de garantir o correcto desenvolvemento da cita. Entre as medidas previstas inclúese o reforzo do transporte público mediante unha liña lanzadeira, así como a presenza de efectivos de Protección Civil e un incremento da Policía Local, que sumará tres patrullas adicionais ao operativo habitual.

As portas do recinto abriranse ás 19:00, mentres que a actuación de Ulex está prevista para as 19:45. O concerto principal comezará ás 21:00. Segundo a organización, permanecen dispoñibles as últimas entradas para bancada a través da plataforma de venda habilitada.

ÚLTIMAS

Comeza unha nova etapa de mobilidade en Compostela: ábrese o prazo para adxudicar 29 novas licenzas de taxi

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou este luns as bases reguladoras...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Luz verde a máis de 1 millón de euros para actuacións en concellos do Camiño Francés

O Goberno galego aprobou este luns un acordo que autoriza a firma dun novo...

Reabre a vía convencional Santiago-Ourense tras extinguirse o lume en Boborás

A circulación ferroviaria interrompida entre O Carballiño e O Irixo, que afectou os trens...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santalices exercerá por cuarta vez como delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo

A Catedral de Santiago acollerá este sábado, 25 de xullo, a tradicional Ofrenda Nacional...