InicioSOCIEDADEUn equipo da USC lidera un proxecto internacional para mellorar o diagnóstico...

Un equipo da USC lidera un proxecto internacional para mellorar o diagnóstico do covid persistente

Tratarán de perfeccionar os métodos de distinción entre pacientes con covid persistente e recuperados

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela anunciou este luns que un equipo internacional de investigadores coordinado pola científica Rebeca García Fandiño desenvolverá un proxecto destinado a mellorar o diagnóstico do covid persistente. O estudo terá unha duración de 18 meses e contará cun financiamento de 315.000 euros concedido pola Schmidt Initiative for Long Covid. Segundo explicou a universidade, o obxectivo do proxecto é perfeccionar os métodos que permiten distinguir entre pacientes con covid persistente e persoas que xa se recuperaron completamente da infección.

UN DIAGNÓSTICO BASEADO EN SÍNTOMAS

Na actualidade, o diagnóstico do covid persistente segue sendo complexo. A enfermidade afecta aproximadamente entre o 10 % e o 15 % das persoas que superaron unha infección por coronavirus, pero a súa identificación baséase fundamentalmente na avaliación de síntomas. Entre os máis frecuentes figuran a fatiga crónica ou a intolerancia ao esforzo, aínda que, segundo sinalan os investigadores, non existen probas moleculares obxectivas que permitan confirmar a enfermidade ou medir con precisión a súa gravidade biolóxica. O novo proxecto busca avanzar na identificación de marcadores científicos que permitan unha diagnose máis fiable e precisa.

INVESTIGACIÓN DENDE O CIQUS

A universidade tamén destacou a “consolidada traxectoria científica” da institución neste ámbito de investigación. Nos últimos anos, membros do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares publicaron catro artigos científicos en revistas internacionais centrados no estudo do covid persistente. Estes traballos permitiron demostrar que a heteroxeneidade da enfermidade non se organiza en subtipos pechados, senón que se distribúe nun continuo de gravidade biolóxica, un resultado que abre novas vías para comprender mellor esta patoloxía e avanzar no seu diagnóstico.

ÚLTIMAS

Rueda ve a Borja Verea como “un magnífico candidato” para Santiago, pero evita confirmalo

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou...

O Concello de Santiago impulsa a rehabilitación de cinco edificios na rúa da Caramoniña para crear nove vivendas públicas

O Concello de Santiago aprobou hoxe na Xunta de Goberno Local celebrada este luns...

A Xunta corta temporalmente o ramal entre a AG-56 e a SC-20 por obras de seguridade viaria

As obras de construción dunha cuneta de seguridade obrigarán a cortar temporalmente o tráfico...

O PSOE critica o aumento do período medio de pago a provedores no Concello de Santiago

A concelleira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago, Marta Abal, cuestionou a...

Rueda ve a Borja Verea como “un magnífico candidato” para Santiago, pero evita confirmalo

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou...

A Xunta corta temporalmente o ramal entre a AG-56 e a SC-20 por obras de seguridade viaria

As obras de construción dunha cuneta de seguridade obrigarán a cortar temporalmente o tráfico...

Albergues do Camiño buscan solucións á “carreira diaria” dos peregrinos por conseguir cama

A Rede de Albergues de Acollida Tradicional do Camiño de Santiago informou este luns...