InicioSOCIEDADEA profesora da USC Luz Couce recibe o XXIII Premio Nóvoa Santos

A profesora da USC Luz Couce recibe o XXIII Premio Nóvoa Santos

A profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e directora do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), Luz Couce, recolleu este venres o XXIII Premio Nóvoa Santos, que concede a Asociación de Médicos Galegos (Asomega)

Publicado o

Xornal de Compostela

A profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e directora do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), Luz Couce, recolleu este venres o XXIII Premio Nóvoa Santos, que concede a Asociación de Médicos Galegos (Asomega). Nun acto en Fonseca, a ‘laudatio‘ correu a cargo do catedrático de Medicina Legal da USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo, gañador do Premio Nóvoa Santos en 2009.

O xurado puxo en valor que a profesora do Departamento de Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría da USC “constitúe o máximo expoñente da neonatología galega, cunha gran proxección tanto no campo estatal como internacional”. “Ademais da súa excepcional traxectoria docente e investigadora avalada por máis de 300 publicacións, 33 proxectos competitivos como investigadora principal e sete rexistros de propiedade intelectual, consideramos particularmente meritorio o seu compromiso coa sociedade e o seu liderado na xestión da investigación en Galicia”, remarca o xurado.

Desde a pasada edición do Nóvoa Santos, a persoa gañadora recibe a metade dos 12.000 euros do premio e ten que elixir a que proposta dun mozo destina outro 25 % da contía e a que proxecto solidario o resto. Nesta ocasión, a doutora Couce elixiu a Rosaura Picáns, investigadora que desenvolve un proxecto de estudo e caracterización de vesículas extracelulares no leite materno, así como á Fundación Andrea polo seu apoio a nenos con enfermidades crónicas.

No acto participou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen recoñeceu o labor dos galardoados e do persoal de saúde en favor da sociedade galega. Defende unha boa situación da sanidade galega e mostrou a súa aposta pola investigación. Tamén acudiu o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, quen apunta a que “reducir a dependencia externa pasa en gran medida pola investigación como a que desenvolve o IDIS”.

ÚLTIMAS

Sanidade busca restablecer o servizo do helicóptero medicalizado de Santiago tras case un mes de inactividade

A Consellería de Sanidade confirmou este luns que continúa traballando para "axilizar ao máximo"...

A webserie ‘Escóitasme?’ logra ser finalista no Carballo Interplay polo seu retrato da convivencia escolar

O proxecto Escóitasme?, unha webserie creada polo alumnado de 4º da ESO do IES...

O Concello aproba o inicio do expediente de contratación dos Fogos do Apóstolo 2025 e 2026 e avanza na posta en marcha da plataforma...

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o inicio do expediente...

O Compostela suma ante a Gimnástica o seu terceiro triunfo consecutivo

O Compos continúa a súa loita pola permanencia cun novo paso adiante. O equipo...

A webserie ‘Escóitasme?’ logra ser finalista no Carballo Interplay polo seu retrato da convivencia escolar

O proxecto Escóitasme?, unha webserie creada polo alumnado de 4º da ESO do IES...

(AXENDA): opcións para facer en Santiago ata o 14 de abril

Do deporte urbano á escena galega máis actual, pasando polas festas de barrio e...

Afundación inaugura en Santiago a mostra ‘Diversa’ con propostas internacionais de ilustración contemporánea

A Sede Afundación de Santiago de Compostela acolle desde hoxe a quinta edición da...