InicioSOCIEDADEAbsolto por falta de probas o maître dun restaurante de Compostela acusado...

Absolto por falta de probas o maître dun restaurante de Compostela acusado de acoso e agresión sexual

"Tras examinar as versións contraditorias das acusacións e a defensa e ponderar as probas practicadas, non se poden considerar acreditados, máis aló de toda dúbida razoable, o feitos polos que se formulou acusación", destacan os maxistrados no fallo

Publicado o

Xornal de Compostela

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, absolveu ao maître dun restaurante da capital galega dos delitos de acoso e agresión sexual dos que estaba acusado por non ter resultado probados. Segundo se recolle na sentenza, o tribunal explica que a proba de cargo practicada no xuízo “non resultou suficiente para enervar a presunción de inocencia do acusado”. “Tras examinar as versións contraditorias das acusacións e a defensa e ponderar as probas practicadas, non se poden considerar acreditados, máis aló de toda dúbida razoable, o feitos polos que se formulou acusación”, destacan os maxistrados no fallo.

Na sentenza, a Sala indica que a declaración da denunciante “presentou certas fluctuacións ao relatar as supostas relacións sexuais non consentidas –negadas polo acusado–“. A iso, engade que, “á marxe das contradicións sinaladas, a declaración só estivo apoiada por corroboracións periféricas, sen carácter obxectivo nin externo ás súas manifestacións“. En canto ás declaracións testificais propostas pola acusación e o resto das partes, os maxistrados afirman que “ofreceron moi pouco valor corroborativo respecto do feitos obxecto de acusación”, xa que teñen como basee o que a denunciante “lles contou”. A Audiencia destaca que son “probas de referencia”, pois “ningún deles apreciou directamente os feitos denunciados”.

Sobre o informe do Imelga, os xuíces sinalan que “non é unha proba obxectiva da realidade dos feitos”, á vez que indican que o seu contido “se funda na versión ofrecida pola denunciante, que non está apoiada polas evidencias achegadas por ela mesma á causa”. Así mesmo, o tribunal afirma no fallo que a proba documental remitida “tamén carecía de signo incriminatorio” e subliña que nela “se aprecian lagoas, ao non achegarse o contido íntegro das conversacións entre vítima e acusado a través de WhatsApp“. Así, recalca que “se achegou un contido parcial e pouco relevante”. A sentenza non é firme, xa que contra ela cabe presentar recurso ante o TSXG.

ÚLTIMAS

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...