InicioSOCIEDADEInvestigadora da USC crea films biodegradables a partir de pel de atún

Investigadora da USC crea films biodegradables a partir de pel de atún

A tese de Cristina Galego Rodríguez optimiza a extracción de gelatina para uso en envases sustentables.

Publicado o

Xornal de Compostela

A investigadora do CRETUS da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Cristina Galego Rodríguez, realizou unha tese na que aborda a fabricación de films biodegradables a partir de pel de atún.

Tal e como trasladou a USC nunha nota de prensa, o principal obxectivo da tese foi “optimizar o proceso de extracción de gelatina a partir da pel deste peixe para maximizar o rendemento e as propiedades do produto final”.

Para iso, utilizáronse disolventes eutécticos “seguros e sustentables” con exploración de variables como o tempo, a temperatura e a proporción de disolvente para definir as condicións óptimas do proceso.

Neste contexto, os resultados demostraron a posibilidade de obter gelatina apta para a elaboración de films biodegradables, cun “importante potencial” de aplicación en sectores como o da industria alimentaria.

Así, a tese “amplía as alternativas para o aproveitamento sustentable dos recursos mariños” e pon de manifesto “a viabilidade dunha tecnoloxía accesible e adaptable a distintas escalas de produción”.

ÚLTIMAS

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE puxeron o foco nas últimas horas na...

O Concello leva o patrimonio das parroquias de Santiago á hostalaría e aos centros educativos

O Concello de Santiago puxo en marcha o proxecto 'Compostela Iconográfica. Patrimonio Vivo nas...

A reitora da USC chama á “tranquilidade” tras os erros na PAU e garante unha avaliación “xusta”

Mensaxe de acougo dende a cúpula académica galega. A reitora da USC, Rosa Crujeiras,...

Santiago impulsa unha actividade de prevención de incendios con máis de 700 escolares inscritos

O Concello de Santiago puxo en marcha a terceira edición da Semana da Prevención,...

Falece aos 56 anos o neumólogo compostelán Juan Suárez, facultativo do CHUS e investigador do IDIS

O neumólogo compostelán Juan Suárez, que exercía o seu labor asistencial no Complexo Hospitalario...

Pedro Blanco felicita á Asociación de Xornalistas de Santiago polos seus 80 anos de vida

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, felicitou á Asociación de Xornalistas de...

A Policía Local de Santiago identifica o autor de verter un cento de sacos de cascallos en San Lourenzo

A Policía Local de Santiago identificou á persoa responsable de abandonar arredor dun cento...