InicioSOCIEDADEAs obras de prolongación da AG-59 avanzan coa instalación das vigas do...

As obras de prolongación da AG-59 avanzan coa instalación das vigas do novo viaduto de Santa Lucía, en Teo

Esta autovía une Santiago coa Estrada

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta avanza na prolongación da autovía AG-59, que une Santiago e A Estrada, co izado das vigas do novo viaduto de Santa Lucía, en Teo. A previsión é terminar este ano este tramo que une A Ramallosa con Pontevea. Os traballos para instalar as doce vigas que soportarán o novo viaduto comezaron esta semana. Este venres instálase a quinta viga, coa previsión de ter todas colocadas a finais da próxima semana.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou este venres a actuación, onde remarcou que as obras deste tramo de autovía supoñen un investimento de máis de 33 millóns e permitirán habilitar 3,5 novos quilómetros O viaduto de Santa Lucía é unha das seis novas estruturas contempladas neste tramo de prolongación da AG-59, xunto con tres pasos inferiores e dous superiores. Tamén se proxectan ao longo do trazado variantes das estradas actuais e camiños de servizo.

Paralelamente, a Xunta xa ten en marcha a actuación da nova e última fase desta autovía, entre Pontevea e O Rolo, de 4 quilómetros. Conta cun investimento de máis de 30 millóns. O proxecto de trazado xa foi aprobado no Consello da Xunta e prevese licitar as obras para que se poidan iniciar este mesmo ano. Unha vez finalizados os 7,5 quilómetros da prolongación desta autovía, libre de peaxe, os tempos de viaxe entre Santiago de Compostela e A Estrada reduciranse a 10 minutos, ademais de mellorar a seguridade viaria, tras un investimento global de máis de 67 millóns. “Esta actuación da AG-59 facilitará a conexión e a vertebración territorial entre Santiago e a comarca de Tabeirós-Terra de Montes”, valora Allegue.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...