InicioSOCIEDADEDenuncian grandes listas de agarda en Traumatoloxía do CHUS: un paciente aguantou...

Denuncian grandes listas de agarda en Traumatoloxía do CHUS: un paciente aguantou 264 días para ser intervido

Publicado o

Xornal de Compostela
Continúan as grandes demoras na atención de pacientes no servizo de cirurxía ortopédica e traumatoloxía do CHUS. En febreiro do 2023 a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou demoras irregulares e alarmantemente prolongadas nesta área que, polo tanto, deberían ser intervidos nun prazo non superior a 90 días.” Hoxe, despois de ano e medio, volvemos ter coñecemento de que se seguen producindo demoras que incumpren os criterios clínicos e as normas sobre tempos máximos de espera para unha intervención cirúrxica”, indica nun comunicado.
Así, a entidade denuncia que Manuel F.A., paciente desta área sanitaria, soportou durante meses unha doenza de cadeira tempo dependente e invalidante con prolongados episodios de dor que debía ser atendida cirurxicamente antes do 28 de maio do 2024 e que, finalmente, se produciu o 12 de novembro: 174 días despois do tempo máximo de espera.
“Son paciente diagnosticado desde o 9 de outubro do 2023 con necrose avascular da cabeza femoral, bilateral e lumbociatalxia dereita de características mecánicas. O 28 de febreiro do 2024 fun incorporado ao rexistro de pacientes en espera para hospitalización cirúrxica de prioridade 2 ao ser unha doenza extremadamente dolorosa e tempo dependente… Finalmente, transcorridos 264 días desde que fun incluído na lista de espera e cunha demora de 174 desde que rematou o prazo para ser intervido cunha prioridade 2,  o servizo de traumatoloxía comunica que debo ingresar no Hospital de Conxo o próximo día 11 de novembro para ser intervido o día seguinte”, indica o afectado.
Segundo a entidade, a falta de atención a Manuel F.A. nos prazos legalmente recomendados vai asociada a unha nula información por parte de traumatoloxía que se limita, a través do servizo de Atención ao Doente e da subdirección de Humanización, a responder con frases tipo sen engadir ningunha razón que xustifique a demora. “Pero, ademais de non recibir información verbal, as respostas por escrito fanse sen que recollan a data e a sinatura, como requisitos formais mínimos esixibles a calquera administración que considere os cidadáns suxeitos de dereitos”, indica.
O resultado final de todo isto é un paciente, critica, que ve empeorada a súa situación social e clínica por falta de atención, un sistema público de saúde “que vulnera un día si e outro tamén os dereitos dos pacientes, que coloca a persoas que precisan atención prioritaria nun limbo de total abandono e indefensión, e un clima de descrédito da sanidade pública en beneficio da privada que rompe o principio de equidade”.

ÚLTIMAS

Diego Adrián Mallo presenta a súa candidatura á Alcaldía de Santiago por UCIN para 2027

Diego Adrián Mallo presentou este sábado de maneira oficial a súa candidatura á Alcaldía...

A CIG denuncia o “bloqueo” da mobilidade interna no CHUS tras catro anos sen resolucións

A CIG denunciou a través dun comunicado o "bloqueo" sistemático da mobilidade interna no...

Sanmartín sobre as críticas de inseguridade en locales de ocio: “Non podemos actuar arbitrariamente de abrilos ou pechalos”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, achacou a baixada dos ingresos por habitación dispoñible...

Santiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

Unha pantalla para ver os partidos da selección española de fútbol no Mundial, cinema...

Santiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

Unha pantalla para ver os partidos da selección española de fútbol no Mundial, cinema...

Santiago celebra o Orgullo 2026 baixo o lema ‘Contra o odio: rede, cultura e orgullo’

O Concello de Santiago presentou este venres a campaña do Orgullo 2026, que baixo...

Falece aos 56 anos o neumólogo compostelán Juan Suárez, facultativo do CHUS e investigador do IDIS

O neumólogo compostelán Juan Suárez, que exercía o seu labor asistencial no Complexo Hospitalario...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here