InicioSOCIEDADEO BNG organiza unha xornada sobre a menopausa para visibilizar esta etapa...

O BNG organiza unha xornada sobre a menopausa para visibilizar esta etapa do ciclo vital feminino

O evento contará con especialistas en medicina, psicoloxía e fisioterapia para tratar a menopausa desde diversas disciplinas

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG de Santiago organiza este venres 18 de outubro a xornada formativa titulada “Vivir sen regras”, co obxectivo de visibilizar e analizar a menopausa desde diferentes ópticas. O evento terá lugar no Centro Sociocultural de Fontiñas, ás 19.30 horas, e contará coa participación de especialistas en diversas disciplinas como a medicina, a psicoloxía e a fisioterapia.

Entre as expertas convidadas están a médica e deputada no Parlamento Galego, Iria Carreira, a matrona María Valiño, a psicóloga Andrea Sieiro e a fisioterapeuta Iria Rei. A xornada ten como obxectivo romper o silencio sobre a menopausa, un tema que, segundo as organizadoras, segue sendo invisibilizado e tratado como un tabú. Carreira subliñou que a menopausa foi historicamente “medicalizada como unha patoloxía cando é unha parte máis da nosa vida que cómpre coñecer e compartir”.

O BNG aposta por sacar esta cuestión ao espazo público, demandando unha maior atención por parte das institucións competentes, especialmente da Xunta de Galicia, para garantir que a saúde das mulleres reciba o foco que merece.

ÚLTIMAS

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

O PSOE urxe a Raxoi a definir xa o futuro de Fontes do Sar e Santa Isabel

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, instou o Goberno local a avanzar...

O Ano Santo 2027 arrancará o 31 de decembro coa apertura da Porta Santa ao mediodía

O vindeiro 31 de decembro darase o pistoletazo de saída oficial ao Ano Santo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here