InicioSANTIAGOAMESO BNG insiste na gratuidade da AP-9 entre Santiago e Padrón para...

O BNG insiste na gratuidade da AP-9 entre Santiago e Padrón para aliviar o tráfico en Ames

A formación nacionalista esixe eliminar as peaxes e humanizar a N-550 en O Milladoiro como solución a longo prazo

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG continúa a súa defensa da eliminación das peaxes na AP-9 como medida clave para reducir o tráfico na N-550 ao seu paso por O Milladoiro, no concello de Ames. Durante o último pleno municipal, celebrado o pasado 11 de setembro, os concelleiros do BNG, Natividade González e Carlos Vieito, insistiron na necesidade de informar á veciñanza e ao comercio sobre as obras de humanización da N-550 e demandaron alternativas ao tráfico que se verá afectado polo comezo das intervencións.

O BNG leva anos reclamando a eliminación das peaxes na AP-9, unha demanda que foi incluída no acordo de investidura asinado co PSOE en novembro de 2023. Este acordo estipula que os Orzamentos Xerais do Estado para 2024 incluirán novos descontos para usuarios recorrentes, incluídos os vehículos pesados, ampliando o desconto do 20% ao 50%.

Ademais, no pleno, os concelleiros do BNG preguntaron sobre o plan de desvío do tráfico durante as obras de humanización en O Milladoiro, pero recibiron a resposta de que a policía local estaba a traballar nun plan para desviar o tráfico sen intervención directa da Xunta.

Por outra banda, o BNG de Ames celebrou que o goberno municipal se sumase á iniciativa histórica de solicitar a gratuidade do tramo da AP-9 entre Santiago e Padrón durante as obras, aínda que o BNG esixe a eliminación completa das peaxes e traballar cara a unha AP-9 galega e gratuíta. A formación recorda que esta demanda se ve reforzada polo recente expediente de infracción que a Comisión Europea abriu contra España pola extensión da concesión da AP-9 ata 2048, o que achega a posibilidade de rematar coas peaxes e conseguir unha autopista libre.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here