InicioPOLÍTICAO PP pide mellorar a información sobre a recollida de enseres voluminosos...

O PP pide mellorar a información sobre a recollida de enseres voluminosos en Santiago

Adrián Villa reclama ao Concello máis claridade sobre o servizo para evitar a acumulación de mobles e electrodomésticos nas rúas centrais

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, instou hoxe ao goberno local a mellorar a información dispoñible para a veciñanza sobre o servizo de recollida de enseres de gran tamaño nos colectores situados polo Ensanche e o Casco Histórico. Villa denunciou a “clara falta de información” que, segundo el, leva a que “todos os días aparezan mobles, electrodomésticos ou outros elementos voluminosos tirados nas rúas máis céntricas da cidade ao carón dos colectores”.

O edil popular subliñou que, “noutras cidades, o Concello coloca placas ou pegatinas nos colectores indicando o número de teléfono do servizo, co fin de que os veciños e veciñas saiban que contan con esta prestación”. Segundo Villa, isto evitaría a imaxe de mobles abandonados nas rúas, o que non só prexudica a veciñanza, senón tamén aos traballadores da empresa de recollida.

Conchóns desbotados na rúa de Romero Donallo – PP
Colchón desbotado na praza de San Martiño – PP
FALTA DE INFORMACIÓN PARA ESTUDANTES

Villa destacou tamén a necesidade de mellorar a comunicación sobre este servizo especialmente durante o inicio e o final do curso universitario, cando os estudantes, moitos dos cales descoñecen a existencia deste servizo, deixan enseres voluminosos ao lado dos colectores. “Observamos con claridade esa falta de información nestes períodos, xa que a maioría dos estudantes non teñen coñecemento sobre o servizo”, afirmou.

PROPOSTAS DE MELLORA

Entre as súas propostas, Villa demanda a creación dunha aplicación móbil ou dun formulario web para facilitar o acceso ao servizo, sen depender exclusivamente dun teléfono fixo. “Unha simple pegatina nos propios colectores cun código QR e o teléfono para a recollida destes residuos sería suficiente para que a veciñanza coñeza o servizo e así evitar esa mala imaxe que soportan veciños e visitantes”, concluíu o concelleiro popular.

Con esta solicitude, o PP busca que o Concello de Santiago tome medidas para mellorar a xestión dos residuos voluminosos na cidade, garantindo así un espazo urbano máis limpo e ordenado tanto para residentes como para visitantes.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here