InicioSANTIAGOO Concello de Santiago adapta as escolas unitarias do rural para ofrecer...

O Concello de Santiago adapta as escolas unitarias do rural para ofrecer por vez primeira servizo de comedor

A implantación do comedor escolar en Marrozos, Enfesta e Cesar vai acompañada dun investimento municipal de máis de 23.000 euros por centro e a súa xestión será asumida pola Federación de ANPAS

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago iniciou este verán un conxunto de obras nas tres escolas unitarias do rural compostelán –Marrozos, Enfesta e Cesar– para poñer en marcha, por primeira vez, un servizo de comedor escolar, unha medida que, segundo destacou a concelleira de Educación, Míriam Louzao, responde a unha demanda histórica das familias e busca igualar os servizos educativos entre o rural e a cidade.

A comparecencia da concelleira tivo lugar na escola de Marrozos, centro onde se está a realizar o investimento máis elevado, con traballos valorados en arredor de 23.000 euros. As intervencións inclúen a transformación dun antigo almacén en comedor, a reforma de baños, a substitución de fiestras, melloras na eficiencia enerxética mediante a instalación de radiadores e sistemas de calefacción, así como o pintado das aulas e da sala de psicomotricidade.

Estes traballos, segundo explicou Louzao, completan actuacións anteriores na escola, como a colocación dun novo chan de tarima ou o cambio de fiestras nas aulas, e engádense á certificación do parque infantil do centro. Tamén se valora a renovación do pavimento exterior, así como tarefas regulares de mantemento dos espazos verdes.

As melloras non se limitan ao verán. Ao longo do curso 2024–2025 tamén se acometeron actuacións puntuais nas escolas rurais, como a renovación da instalación eléctrica ou a adecuación dos accesos co obxectivo de reducir a velocidade do tráfico nos contornos escolares. Unha das novidades máis salientables é a conexión das tres escolas ao sistema municipal de abastecemento e saneamento, que ata o de agora non existía.

A concelleira sinalou que o obxectivo principal é garantir os mesmos dereitos e oportunidades ao alumnado do rural, facendo fronte ao risco de peche que ameazou a continuidade das unitarias nos últimos anos debido á baixa matrícula. “Este ano non tivemos que pasar por esa angustia grazas ao novo comedor, que fixo que máis familias apostasen por estas escolas sabendo que contan cun servizo esencial de conciliación”, afirmou Louzao.

O novo servizo será xestionado pola Federación de ANPAS a través dun convenio anual subvencionado polo Concello, dado que non se puido integrar aínda no contrato municipal vixente dos comedores escolares. A previsión é que, a partir do curso seguinte, se inclúan xa no novo modelo de xestión municipal cunha cociña propia para todos os centros públicos.

No que atinxe ao custo, o servizo funcionará en réxime de copagamento, como nos centros urbanos, cun prezo fixado para as familias de 4,50 euros por día. Porén, Louzao advertiu que o custo total por neno nas unitarias é máis elevado debido ao menor número de comensais, polo que o Concello asumirá unha maior porcentaxe do gasto.

En paralelo, durante o verán estanse a realizar traballos de mantemento en todos os centros educativos do municipio, cun orzamento total que rolda os 300.000 euros, dos que 120.000 euros están destinados á certificación e mellora dos parques infantís.

Segundo destacou a edil, este conxunto de actuacións responde a unha aposta por reforzar os servizos educativos no rural, garantindo que “as familias que viven fóra da cidade conten coa mesma calidade e dereitos que as do ámbito urbano”.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here