InicioSANTIAGOVEDRAA Subdelegada do Goberno celebra o triunfo de Augardentes de Galicia no...

A Subdelegada do Goberno celebra o triunfo de Augardentes de Galicia no Premio Nacional

María Rivas eloxiou a empresa pola súa calidade e compromiso co sector, animando a outras empresas a aproveitar os fondos do Plan de Recuperación

Publicado o

Xornal de Compostela

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, certificou recentemente en Augardentes de Galicia a calidade do sector galego, tras acadar a firma o recoñecemento como mellor bebida espirituosa de España polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. María Rivas felicitou á empresa desde as súas instalacións en Vedra, que visitou acompañada do alcalde de Vedra, Carlos Martínez, e de Miguel Ángel Gómez, xerente da empresa.

María Rivas eloxiou o bo traballo da empresa, que puido comprobar durante a visita. Non en van, Augardentes de Galicia foi galardoada polo seu arraigo local, uso de materias primas tradicionais, esforzo en comercialización e exportación, e investimento e aposta sen dúbidas pola investigación e o desenvolvemento do seu modelo de negocio e produción; segundo o fallo do xurado deste premio.

Seguindo o exemplo de Augardentes de Galicia, a subdelegada animou a todo o sector a impulsar os seus negocios a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e máis concretamente a través do Perte Agroalimentario, “a través do que se reafirma co sector o compromiso concreto do Goberno, que estivo ao seu carón nos momentos máis duros da pandemia ou da guerra de Ucraína e que quere seguir estándoo para impulsar o seu futuro”.

Ao respecto deste plan de axudas e préstamos, María Rivas lembrou que o Goberno apostou polo sector en Galicia ao achegar máis de 14 millóns de euros ás súas empresas transformadoras e innovadoras. Ademais, indicou que está en marcha unha nova convocatoria dotada con 300 millóns de euros, co obxectivo de que as empresas podan seguir a fortalecerse, avancen na dixitalización dos seus procesos produtivos e poidan situarse á vangarda do sector.

PREMIOS ALIMENTOS DE ESPAÑA

Os Premios Alimentos de España buscan promover e estimular aos diferentes elementos da cadea alimentaria, recoñecendo o esforzo na comercialización, innovación e desenvolvemento rural a través da sostibilidade e da elaboración de produtos de calidade. No caso de Augardentes de Galicia, a través do seu produto Augardente Vedra do Ulla, o premio foi concedido ex aequo xunto a pacharán navarro Besarana Etiqueta Negra.

Augardentes de Galicia, S.A. nace en 1992 coa intención de elaborar destilados e licores, apostando desde o principio pola calidade, o emprego de materias primas autóctonas e a innovación para preservar a arte da destilación en Galicia, incorporando no proceso de destilación auga do Río Ulla. Estes valores e accións levárona ata o galardón que acaban de recibir.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un camioneiro falece tras saírse da vía na AP-53 ao seu paso por Vedra

Un camioneiro faleceu este venres nun accidente de tráfico rexistrado na AP-53, ao seu...

O Seprona investiga tres persoas en Vedra por un incendio forestal causado por unha queima non controlada

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil da Coruña investiga a...

Fabiola García anuncia un aumento de 486.000 euros para o SAF en Vedra ata 2028

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, informou este sábado en Vedra...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here