InicioSANTIAGOTEOAlmudena Taboada asumirá a acta do BNG no Concello de Teo tras...

Almudena Taboada asumirá a acta do BNG no Concello de Teo tras a renuncia de Noelia Castaño

O relevo prodúcese por motivos persoais e profesionais da edil saínte, que mantén o seu compromiso coa formación nacionalista

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG de Teo confirmou a incorporación de Almudena Taboada como nova concelleira da formación, despois de que Noelia Castaño comunicase a súa dimisión por razóns persoais e profesionais. A decisión foi trasladada pola propia Castaño na asemblea local, nunha intervención na que expresou o seu agradecemento pola confianza recibida e a súa vontade de seguir colaborando co grupo municipal.

A renuncia de Noelia Castaño abre paso a Almudena Taboada, veciña do concello e coñecida pola súa participación en colectivos sociais, asociacións e ANPAs tanto de centros de ensino primario como secundario. Concorrera ás eleccións municipais ocupando o cuarto posto da candidatura nacionalista e forma parte do equipo organizativo do BNG tanto na localidade como na comarca.

Segundo explicou a edil saínte, os seus compromisos persoais e profesionais dificultaban a compatibilidade co ritmo da actividade municipal. Aínda así, subliñou o seu compromiso político e a intención de seguir apoiando o traballo do grupo. “A disposición a colaborar seguirá aí”, trasladou durante a reunión.

Pola súa banda, Almudena Taboada expresou a súa intención de dar continuidade ás liñas de acción impulsadas por Castaño e de reforzar o labor do BNG na defensa dos intereses da veciñanza. “Continuarei o traballo desenvolvido por Noelia Castaño e sumarei forzas para esixir que a actividade municipal reverta na mellora da vida da veciñanza de Teo”, afirmou.

O relevo producirase unha vez se complete a tramitación administrativa necesaria para a toma de posesión da nova acta de concelleira. O BNG teense destaca que a incorporación de Taboada permitirá manter o ritmo de traballo e as prioridades marcadas polo grupo na corporación municipal.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Quintana Martelo leva a Teo unha mostra que percorre dúas décadas da súa obra

O pintor santiagués Manuel Quintana Martelo presentará no Auditorio Municipal da Ramallosa, en Teo,...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...

O novo colexio do Milladoiro levará o nome de Gerardo Fernández Albor e abrirá no curso 2027/28

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, supervisou o avance das...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here