InicioSANTIAGOBRIÓNBrión celebra o Día de Santa Minia moi pendente da previsión meteorolóxica

Brión celebra o Día de Santa Minia moi pendente da previsión meteorolóxica

As festas inclúen oficios relixiosos, máis de 150 postos de venda e verbenas, coa previsión de bo tempo para a fin de semana

Publicado o

Xornal de Compostela

Todo está preparado en Brión para celebrar hoxe o Día de Santa Minia, coa previsión de que o bo tempo acompañe durante o día grande das festas e na fin de semana. O alcalde, Pablo Lago, expresou a súa satisfacción pola “gran programación deseñada polo equipo de Goberno, o Departamento de Cultura e os traballadores municipais”, que permitirá desfrutar dunhas festas multitudinarias.

Hoxe a avenida de Santa Minia e a contorna da carballeira encheranse de vida con máis de 150 postos de venda de produtos variados como rosquillas, roupa, embutidos, artesanía e filloas. A xornada comezará coa música do grupo de gaitas Airiños do Petouto e a charanga Os Jalácticos, seguidos dunha sesión vermú a cargo da cantante local Ruth Cundíns.

No ámbito dos oficios relixiosos, as misas comezarán ás 9:00 horas e continuarán ata a misa solemne das 13:00 horas. Por razóns de seguridade, as misas e o depósito de candeas realizaranse na casa reitoral, mentres que a capela de Santa Minia permanecerá aberta para que os devotos poidan visitar o sepulcro da santa.

RECEPCIÓN DE AUTORIDADES

Á mesma hora, ás 13:00, terá lugar a recepción oficial de autoridades, encabezada polo alcalde de Brión, Pablo Lago, na carballeira de Santa Minia. Entre as autoridades confirmadas figuran Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias, e varios alcaldes de municipios veciños como Ames, Noia e Teo. A comitiva percorrerá a contorna da carballeira antes de asistir á sesión vermú e celebrar un xantar nunha das tradicionais polbeiras.

Pola tarde, a celebración continuará coa actuación da charanga Os Celtas de Negreira e das Escolas de Baile e Música Tradicional de Brión, culminando a xornada cunha verbena protagonizada polas orquestras Marbella e Origen.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here