InicioSANTIAGOBRIÓNBrión acolle unha nova edición da Romaría de Santa Minia con música,...

Brión acolle unha nova edición da Romaría de Santa Minia con música, tradición e inclusión

Catro días de celebración con actividades para todas as idades, incluíndo un festival de rock e o programa inclusivo 'Brión Inclúe'

Publicado o

Xornal de Compostela

A localidade de Brión está preparada para celebrar a tradicional Romaría de Santa Minia, que terá lugar entre os días 26 e 29 de setembro. Esta edición contará con catro días de actividades que incluirán a participación de destacadas orquestras galegas, un festival de rock o sábado e unha xornada de música folk o domingo co concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.

Unha das novidades principais deste ano é a reapertura parcial da Carballeira de Santa Minia, pechada durante meses por traballos de repoboación. Segundo o alcalde, Pablo Lago Sanmartín, “a veciñanza poderá observar os avances realizados na repoboación da carballeira”, aínda que a zona só se abrirá como espazo de paseo sen actividades programadas.

Como nas edicións anteriores, manterase o Punto Lila, dispoñible para proporcionar apoio a mulleres e persoas LGTBIQ+ en caso de agresións e para sensibilizar ao público sobre a necesidade de garantir espazos libres de violencia.

A romaría deste ano tamén contará con actividades inclusivas grazas ao festival Brión Inclúe, que coincidirá coa celebración e incluirá a actuación de varios grupos na sesión vermú do domingo. Chungo Pastel, Iguatuke e a tiktoker Leti da Taberna serán os encargados de animar a xornada.

Ademais, durante toda a romaría, as atraccións infantís funcionarán nun horario inclusivo de 16:00 a 17:00 horas, sen música nin ruído, para facilitar a participación de persoas con diversidade funcional.

Entre as actividades programadas destacan tamén as tradicionais misas, os postos de venda ambulante e as populares polbeiras, que servirán máis de 5.000 quilos de polbo. A queima da fachada será substituída por un espectáculo de luz e son con vídeo mapping, seguido da tirada de fogos de artificio o xoves pola noite.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here