InicioSANTIAGOBRIÓNO Festival Brión Inclúe promove a inclusión a través da cultura

O Festival Brión Inclúe promove a inclusión a través da cultura

O evento ofrecerá música, teatro e maxia con persoas con discapacidade como protagonistas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Centro Social Polivalente de Brión será o escenario principal da sétima edición do Festival Brión Inclúe, que se celebrará do 21 ao 29 de setembro. Este evento, que busca a inclusión real das persoas con discapacidade como creadoras e consumidoras de cultura, terá unha ampla programación de actividades culturais, como música, teatro, maxia e contacontos.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, destacou o crecemento do festival dende a súa creación no 2018, sinalando que “comezamos cun programa de tres días e agora quixemos ir máis aló, coincidindo coas festividades da Romaría de Santa Minia, para que esta oferta inclusiva chegue ao maior número de persoas”. Unha das actividades destacadas será a sesión vermú do domingo 29 de setembro, que formará parte da programación oficial da romaría e contará coa participación da tiktoker Leti da Taberna, a batukada inclusiva Iguatuke e o grupo de rock Chungo Pastel.

O festival, organizado polo Concello de Brión en colaboración con Culturactiva S. Coop. Galega e financiado pola Deputación da Coruña, busca visibilizar e normalizar a diversidade funcional a través da cultura, facendo fincapé no dereito de todas as persoas a crear e consumir cultura sen barreiras.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here