InicioSANTIAGOBRIÓNBrión finaliza o programa Concilia Verán 2024 con case 300 participantes

Brión finaliza o programa Concilia Verán 2024 con case 300 participantes

O servizo de conciliación beneficiou a 216 familias e inclúe actividades como excursións, campamentos e espectáculos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión puxo fin hoxe ao seu programa de conciliación Concilia Verán 2024, que se desenvolveu desde o pasado 24 de xuño en horario de 8:00 a 15:00 horas. Segundo informou a concelleira de Ensino, Guarina Rey, nesta edición participaron 275 nenos e nenas de entre 3 e 16 anos, beneficiando así a un total de 216 familias do municipio, co obxectivo de facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares.

Entre as actividades organizadas polas mañás incluíronse excursións ao Río Pego, saídas á praia de Broña, unha visita ao Gaiás e espectáculos como o musical “Brinca vai!: de aquí acolá“. Ademais, o programa contou con dous campamentos de pernocta celebrados no Convento de Herbón (Padrón), un para nenos de 8 a 12 anos en xullo e outro para rapaces de 13 a 16 anos en agosto.

O Concilia Verán 2024 foi organizado polo Concello de Brión co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Igualdade a través do Plan Corresponsables.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...

A investigación continúa para aclarar as circunstancias da morte da nena de dous anos esquecida nun coche en Brión

A investigación sobre o falecemento dunha nena de dous anos en Brión continúa aberta...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here