InicioSANTIAGOAMESInaugúrase a ruta rosaliana 'As pegadas de Rosalía'

Inaugúrase a ruta rosaliana ‘As pegadas de Rosalía’

A ruta percorrerá diversos lugares dos municipios de Padrón, Dodro, Brión e Ames

Publicado o

Xornal de Compostela

A Ruta Rosaliana-As Pegadas de Rosalía, que percorre os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón, foi presentada oficialmente esta semana nun acto celebrado na Casa de Rosalía, no que estiveron presentes os alcaldes dos catro municipios. A ruta inaugurará o sábado 14 de setembro, con participación aberta a toda a persoa que o desexe.

Os alcaldes de Ames, Blas García; Brión, Pablo Lago; Dodro, Xabier Castro; e Padrón, Anxo Rey, asinaron esta mañá na sede da Fundación Rosalía o convenio polo que os catro concellos acordaron desenvolver e xestionar a Ruta Rosaliana-As Pegadas de Rosalía, un itinerario que percorre lugares intimamente vinculados á vida e á obra de Rosalía de Castro. Os rexedores déronlle o visto bo á creación dunha comisión mixta que xestionará a agrupación supramunicipal e todas aquelas iniciativas e actividades que desenvolva para conservar e promocionar esta ruta rosaliana e o patrimonio material e inmaterial da súa contorna.

Así mesmo, o acto serviu para presentar a primeira das actividades: a realización da ruta en autobús cunha visita guiada e teatralizada, prevista para o sábado 14 de setembro. As inscricións, gratuítas, abriranse do luns 26 de agosto ata o martes 10 de setembro en www.padronturismo.gal/inscricions, e as prazas para os dous autobuses dispoñibles (un que sairá de Dodro ás 9:30 e pasará por Padrón, e outro que sairá de Ames ás 9:30 para pasar despois por Brión e por Ames) serán adxudicadas por orde de inscrición. Ao remate da ruta, ao redor das sete da tarde, todas as persoas participantes e aquelas que queiran asistir ata completar o aforo poderán gozar dun concerto de Manoele de Felisa na igrexa de Santa María de Iria Flavia.

ÚLTIMAS

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Excarcerada unha persoa tras chocar co seu coche contra un camión aparcado en Santiago

Unha persoa tivo que ser liberada do seu coche tras chocar contra un camión...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Renfe incorpora en Santiago o servizo para que menores viaxen sós en tren a Madrid

Renfe vén de incorporar na estación de Santiago de Compostela o servizo 'Menores que...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here