InicioSANTIAGOBRIÓNO Concello de Brión inicia a programación do 25N cun obradoiro de...

O Concello de Brión inicia a programación do 25N cun obradoiro de autocoidado feminino

‘O descanso da guerreira’ marca o comezo dun mes de actividades gratuítas que inclúen teatro, relatorios e andainas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión deu comezo esta mañá á súa programación especial arredor do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, cun obradoiro de autocoidado titulado ‘O descanso da guerreira’, celebrado no centro social polivalente. A iniciativa, conducida pola terapeuta e bailarina Martha Franco, forma parte dun ciclo de cinco sesións que se desenvolverán os próximos martes en horario de 11:00 a 12:30 horas, centradas en técnicas de benestar físico e emocional, como automasaxe, respiración, estiramentos, nutrición ou xestión emocional.

A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Rosa Romero, explicou que “este ano o programa está centrado en dous obxectivos principais: difundir información sobre os recursos legais, psicolóxicos e económicos dispoñibles para facer fronte ás distintas formas de violencia machista e, por outra banda, poñer o foco na reparación e no encontro entre mulleres de todas as idades”. A participación en todas as actividades é de balde, e as inscricións poden formalizarse no 981 509 910 ou no correo sabela.losada@concellodebrion.gal.

A programación continuará o sábado 8 de novembro coa andaina ‘Camiñamos xuntas!’, un percorrido de 5 quilómetros pensado para mulleres de todas as idades, con saída ás 11:00 horas dende o centro social polivalente. O luns 10, de 16:00 a 18:00 horas, celebrarase o obradoiro ‘Teatro para sandar(nos)’, dirixido pola actriz Diana Sieira, que empregará ferramentas de expresión corporal, xogo simbólico e creación colectiva para promover o empoderamento feminino.

Na semana previa ao 25N, o venres 21 ás 20:30 horas representarase a obra Sophie non é o meu nome de guerra, da compañía Redrum Teatro, centrada na historia dunha muller migrante vítima de trata. A entrada será tamén gratuíta, pero con reserva previa a través de billeteira.concellodebrion.gal.

O luns 24 de novembro, a avogada Cristina Martínez ofrecerá o relatorio ‘Asesoría xurídica sobre violencia de xénero’, de 17:00 a 18:30 horas, cun espazo aberto para resolver dúbidas e explicar os recursos legais dispoñibles.

O día central da campaña, o 25 de novembro, terá lugar na praza do Concello a lectura do manifesto institucional contra a violencia de xénero, ás 12:00 horas, acompañada dunha actuación teatral do grupo Teatro das Maniotas, do IES de Brión. En caso de choiva, o acto trasladarase ao centro social polivalente.

O ciclo pecharase o 1 de decembro cunha nova charla, ‘Asesoría sobre a violencia sexual’, impartida pola psicóloga Lara Fuentes, que abordará como actuar ante situacións de violencia sexual, tanto desde o punto de vista das vítimas como das persoas testemuñas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here