InicioSANTIAGOBRIÓNBrión incorpórase ao sistema VioGén para reforzar a protección das vítimas de...

Brión incorpórase ao sistema VioGén para reforzar a protección das vítimas de violencia de xénero

O Concello asinou o protocolo de adhesión co Goberno e a Garda Civil nun acto celebrado hoxe

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión formalizou hoxe a súa adhesión ao sistema VioGén, impulsado polo Ministerio do Interior para o seguimento e protección das mulleres vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e fillas. O acordo foi asinado polo subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, o alcalde, Pablo Lago Sanmartín, e o tenente coronel da Garda Civil, Jorge Bodelón, no marco dunha Xunta Local de Seguridade.

Abalde destacou que a incorporación dos concellos é clave porque “son precisamente eles quen están máis próximos á cidadanía e, polo tanto, as policías locais dispoñen dun maior coñecemento da realidade de cada municipio, o que supón unha mellora notable na protección das mulleres vítimas de violencia de xénero”. O alcalde, pola súa banda, subliñou que “avanzar cara unha protección máis rápida, integral e efectiva das mulleres maltratadas é moi positivo, como tamén o é que todas as administracións e forzas de seguridade esteamos coordinados”.

Durante a xuntanza tamén se presentaron os fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero asignados para 2025. A provincia da Coruña recibirá un total de 783.522,87 euros, máis de 20.000 que o ano anterior. Brión contará con preto de 5.000 euros para reforzar as políticas locais nesta materia.

O subdelegado puxo en valor ademais a colaboración entre Garda Civil e Policía Local, que contribúe a manter unha taxa de criminalidade de 25 delitos por cada mil habitantes, dez puntos por debaixo da media provincial e galega. Lembrou tamén a importancia do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade en Centros Educativos, que o pasado curso desenvolveu seis actividades nun centro de Brión con 150 participantes.

A Xunta Local de Seguridade aprobou igualmente o dispositivo para as festas de Santa Minia, que incluirá de novo un punto lila de atención a mulleres e persoas LGTBIQ+ vítimas de agresións, ademais de servir como espazo de sensibilización e prevención.

A visita a Brión foi a primeira de Julio Abalde como subdelegado do Goberno a un concello, encontro no que asinou no Libro de Honra municipal e mantivo unha reunión de presentación coa Corporación local.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade o V Plan de Igualdade 2026-2030

O Pleno municipal de Brión aprobou por unanimidade o V Plan para a Igualdade...

Brión convoca novos cursos para formar produtores nas cociñas colaborativas de Montebalado

O Concello de Brión vén de abrir unha nova edición dos seus cursos de...

A Garda Civil recupera o corpo dun home no río Tambre tras activar un operativo en Brión

A Garda Civil recuperou este sábado o corpo sen vida dun home localizado no...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here