InicioSANTIAGOBRIÓNBrión celebra a tradicional ofrenda floral a Rosalía de Castro en Bastavales

Brión celebra a tradicional ofrenda floral a Rosalía de Castro en Bastavales

O acto incluíu un recital poético e o espectáculo artístico musical 'Ao son das campás de Rosalía' con Esperanza Mara

Publicado o

Xornal de Compostela

A Igrexa parroquial de San Xulián de Bastavales acolleu esta fin de semana a tradicional ofrenda floral do Concello de Brión en homenaxe a Rosalía de Castro. O evento reuniu a preto dun cento de persoas na tarde do pasado sábado e contou coa actuación artística e musical de Esperanza Mara, no espectáculo titulado ‘Ao son das campás de Rosalía’.

O acto comezou co repicar das campás de Bastavales, seguido da intervención da concelleira de Cultura, Sandy Cebral, quen recitou versos de Rosalía e agradeceu a colaboración de todas as persoas implicadas na organización do Mes de Rosalía no municipio. Durante a súa intervención, referiuse ao debate sobre se a escritora chegou realmente a escoitar as campás de Bastavales: ‘Hai quen asegura que o seu poema procede dun estribillo popular que a escritora recolleu. Outras persoas din que as coñeceu en Santiago, a través dos relatos dun sacerdote de Bastavales. Se me preguntades a min, eu penso que si que as escoitou cando era unha nena e pasaba días na casa que a súa familia tiña en Soigrexa, xusto aquí enfronte’.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, e a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, realizaron a tradicional ofrenda floral ante a figura da escritora, un xesto ao que se sumaron moitos dos asistentes, que aproveitaron a ocasión para dar lectura a fragmentos da obra de Rosalía.

A continuación, a soprano Esperanza Mara protagonizou unha experiencia musical e artística, interpretando diferentes campás ao tempo que cantaba nove fragmentos de poemas de Rosalía de Castro. A interpretación estivo acompañada de xogos de luces e referencias visuais que evocaban as emocións da autora. O evento pechouse coa lectura do poema ‘Campanas de Bastavales’, que puxo o broche final a unha homenaxe centrada na figura da escritora galega.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O Pleno de Brión aproba por unanimidade o V Plan de Igualdade 2026-2030

O Pleno municipal de Brión aprobou por unanimidade o V Plan para a Igualdade...

Brión convoca novos cursos para formar produtores nas cociñas colaborativas de Montebalado

O Concello de Brión vén de abrir unha nova edición dos seus cursos de...

A Garda Civil recupera o corpo dun home no río Tambre tras activar un operativo en Brión

A Garda Civil recuperou este sábado o corpo sen vida dun home localizado no...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here