InicioSANTIAGOBRIÓNNace a Asociación Veciñal Pego-Sar para impulsar a vida comunitaria en Brión

Nace a Asociación Veciñal Pego-Sar para impulsar a vida comunitaria en Brión

A nova entidade busca representar os intereses da veciñanza e promover actividades sociais, culturais e ambientais

Publicado o

Xornal de Compostela

Un grupo de corenta persoas constituíu oficialmente a Asociación Veciñal Pego-Sar tras unha asemblea celebrada na Casa da Cultura de Brión. A entidade desenvolverá a súa actividade principalmente nos lugares de O Cabo, Cirro, Gándara, O Rial, Outeiro e Vilanova, pertencentes á parroquia dos Ánxeles.

Os estatutos da asociación foron aprobados por unanimidade e inclúen unha cláusula que garante a independencia da entidade e a súa neutralidade política. Segundo recollen os documentos fundacionais, ‘calquera persoa que ocupe un cargo na Xunta Directiva non poderá presentarse como candidata en ningún proceso electoral, a calquera nivel de representación política, durante o período no que exerza as súas funcións na directiva”.

OBXECTIVOS E ACTIVIDADES

A nova entidade veciñal nace coa finalidade de representar os intereses da veciñanza ante as administracións públicas e outras entidades, ademais de promover o desenvolvemento social, cultural e económico da comunidade. Entre os seus obxectivos tamén figura a protección do medio natural e do patrimonio rural e o fomento da convivencia e da participación cidadá.

Para acadar estes fins, a asociación prevé a realización de diversas iniciativas, entre as que destacan:

  • Reunións, charlas e encontros informativos sobre cuestións de interese comunitario.
  • Eventos culturais, deportivos e festivos para fortalecer os lazos entre os veciños.
  • Xestión de proxectos e melloras en infraestruturas e servizos rurais.
  • Campañas de sensibilización e actividades formativas en áreas como sustentabilidade, agricultura ou conservación ambiental.
  • Programas educativos e recreativos para a infancia, co obxectivo de fortalecer o seu vínculo coa contorna e fomentar a convivencia.
XUNTA DIRECTIVA

Na mesma asemblea aprobouse a primeira xunta directiva da Asociación Veciñal Pego-Sar, que queda conformada por:

  • Iván Mosquera Cid, presidente.
  • Marisa Vales Cerqueiro, vicepresidenta.
  • Eliseu Mera Quintas, secretario.
  • María del Busto Griñón, tesoureira.
  • Laura Pazos Pintor, vogal.

A asociación está á espera da súa inscrición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia para poder comezar a operar oficialmente. Unha vez completado este trámite, convocarase unha nova asemblea para definir as liñas de actuación prioritarias e trasladar as súas demandas ao Concello de Brión e aos grupos municipais.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here