InicioSANTIAGOBRIÓNNace a Asociación Veciñal Pego-Sar para representar os intereses da comunidade

Nace a Asociación Veciñal Pego-Sar para representar os intereses da comunidade

A entidade busca colaborar co Concello de Brión e promover actividades culturais e ambientais

Publicado o

Xornal de Compostela

A parroquia dos Ánxeles, en Brión, contará a partir deste venres, 7 de novembro, cunha nova entidade veciñal que pretende reforzar a participación cidadá e mellorar a interlocución coas administracións locais. A Asociación Veciñal Pego-Sar celebrará a súa asemblea constitutiva ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Brión, marcando o inicio oficial dun proxecto que busca dar voz aos habitantes de varios lugares da parroquia.

A nova entidade incluirá a poboación dos lugares de O Cabo, O Rial, Outeiro, Vilanova, Gándara e Cirro, coa intención de traballar de forma colaborativa para trasladar as necesidades da veciñanza ao Concello de Brión. Ademais, a asociación tamén ten previsto organizar actividades culturais e de coñecemento do medio, complementarias ás xa existentes na zona.

A iniciativa xurdiu a través dun grupo promotor que abriu unha canle de comunicación a través de WhatsApp, á que xa se adheriron cincuenta persoas en menos dunha semana.

ÚLTIMAS

Adxudicada á empresa OHLA a construción do futuro edificio de Farmacia da USC

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) adxudicou a construción do futuro edificio que albergará a...

Rueda celebra o 90 aniversario do Aeródromo Militar de Santiago

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este sábado na Xornada de portas abertas...

Ferida leve unha condutora en Teo ao tentar evitar a caída por unha pendente do seu coche

Unha condutora resultou ferida de forma leve tras tentar parar a caída do seu...

Evacuado en helicóptero tras saírse da vía e chocar contra unha casa en Val do Dubra

Unha persoa resultou ferida e tivo que ser evacuada tras saírse da vía co...

Coñecemos o primeiro coworking rural de Galicia que deu renda solta á creatividade do campo

Hai lugares que nacen da necesidade e medran coa forza da comunidade. No pequeno concello...

Localizada en bo estado unha veciña de Brión cuxa familia alertou da súa desaparición na tarde do mércores

Os servizos de Emerxencias localizaron a pasada noite a unha veciña de Brión, duns 80...

O PSOE e o PP pactan en Brión para garantir a estabilidade institucional até final de mandato

O Concello de Brión viviu este martes un pleno ordinario no que se fixo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here