InicioSANTIAGOBRIÓNNoela Rivas Cantelar presenta en Brión a súa primeira novela 'Poder non...

Noela Rivas Cantelar presenta en Brión a súa primeira novela ‘Poder non é querer’

A escritora brionesa debuta da man de Galaxia cunha historia de intriga e superación persoal

Publicado o

Xornal de Compostela

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Brión acolleu onte a presentación de Poder non é querer, a primeira novela de Noela Rivas Cantelar, nova autora local que dá os seus primeiros pasos na narrativa coa editorial Galaxia. O evento, organizado pola Biblioteca Municipal de Brión no marco dos encontros literarios mensuais, contou coa asistencia de numerosos veciños e veciñas que arrouparon á escritora no seu debut.

Poder non é querer narra a historia de Mariña, unha moza de 17 anos que, tras unha noite de festa polo Samaín, espertará nun hospital sen recordo algún do que aconteceu. A medida que recibe visitas de amigos e familiares, Mariña irá descubrindo pezas da súa propia historia recente, marcada por experiencias difíciles e por unha espiral auto destrutiva. Esta trama profunda e conmovedora reflicte os desafíos da mocidade e o proceso de reconstruírse a un mesmo.

Noela, que xa contaba con recoñecementos no ámbito literario, gañou en 2016 o concurso autonómico Coca-Cola “Novos Talentos de Relato Curto” co texto Bágoas de madrugada, e tamén foi finalista na categoría en castelán, co relato Susurro de nostalgia.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here