InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNBoqueixón inviste 26.000 euros na mellora do campo da festa da aldea...

Boqueixón inviste 26.000 euros na mellora do campo da festa da aldea de Lamas

O investimento inclúe tamén obras na estrada de acceso

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón está a realizar unhas obras de mellora na aldea de Lamas, que inclúen a renovación da capa de rodaxe da estrada de acceso, a demolición do antigo palco de música e o acondicionamento do campo da festa da parroquia. Estas actuacións contan cun investimento de 26.000 euros.

As obras comezaron a semana pasada coa demolición do antigo palco de música situado no campo da festa. “Ademais da demolición do palco, fíxose a canalización de pluviais e agora estamos aglomerando a zona”, explicou o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato. Estes traballos de aglomerado abranguen unha superficie de 1.050 metros cadrados no acceso ao campo da festa, onde tamén se realizou un ancheamento do espazo de 450 m², precedido do arranxo das fochancas existentes.

Ademais, acometerase a limpeza de gabias e salvagabias, así como o pintado das liñas de bordo e da sinalización horizontal na estrada de acceso. Segundo informou o alcalde, os traballos estarán rematados nos próximos días.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here