InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNA Noite Velada de Ponte Ledesma celebrou con gran éxito a súa...

A Noite Velada de Ponte Ledesma celebrou con gran éxito a súa oitava edición

O evento, organizado polo Concello de Boqueixón, combinou música tradicional e un entorno iluminado por máis de 300 candeas

Publicado o

Xornal de Compostela

O campo do río de Ponte Ledesma acolleu na noite de onte a oitava edición da Noite Velada, un evento organizado polo Concello de Boqueixón que contou cunha gran acollida entre os veciños e veciñas da zona. A música tradicional resoou aos pés da histórica ponte e ás beiras do río Ulla, iluminados por máis de 300 candeas e 50 teas, creando un ambiente case máxico.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, explicou que “o noso obxectivo é facer unha festa de exaltación da nosa tradición e da nosa cultura. Por unha banda, grazas á música tradicional das nosas agrupacións locais e, por outra, ao dispoñer do mellor escenario posible: o campo do río de Ponte Ledesma, un dos espazos máis importantes da comarca a nivel natural, patrimonial, cultural e histórico”.

Este ano, a música correu a cargo dos grupos locais Muxicas da Silveira e Raeira, pechando a noite o grupo Cantos da Terra. Este último, formado por cinco músicos galegos excompoñentes de coñecidos grupos folclóricos, ofreceu unha selección dos éxitos máis coñecidos do cancioneiro popular galego tradicional. A súa actuación animou a moitas das persoas presentes a cantar e bailar, facendo da noite unha celebración inesquecible.

RECREACIÓN HISTÓRICA

O mesmo escenario do campo do río de Ponte Ledesma acollerá mañá, domingo 4 de agosto, ás 20:00 horas, unha recreación da histórica Batalla de Ponte Ledesma, que enfrontou en marzo de 1809 á veciñanza liderada pola Xunta de Trasdeza contra as tropas napoleónicas, saldándose cunha vitoria veciñal.

Nesta recreación participarán veciños e veciñas de Boqueixón, así como membros da Asociación Cultural Heroes de Casaldeirigo (Valga), todos dirixidos polo actor Suso Martínez e o músico Manoele de Felisa. A asistencia ao evento é libre e de balde.

Ese mesmo domingo, pola mañá, o campo da feira de Lestedo acollerá unha nova edición do seu tradicional mercado, que contará coa presenza de catro food trucks da campaña “Galicia sabe a mar”. De 9:30 a 15:00 horas, as persoas que se acheguen poderán degustar petiscos únicos ideados especialmente para esta iniciativa e elaborados con produtos autóctonos certificados de mar e terra.

ÚLTIMAS

Pontón anima a participar na manifestación en Santiago para defender a sanidade pública

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fixo este sábado un chamamento á mobilización...

Santiago activará ‘O museo máis pequeno da cidade’ para levar a arte aos escaparates comerciais

Santiago converterá os seus escaparates comerciais en espazos expositivos coa posta en marcha da iniciativa...

(AXENDA) Fin de semana completa en Santiago con música, escena e tradición

FESTAS E EVENTOS Festa da Uña de San Lázaro: Do sábado 5 ao luns...

A veciñanza de Santa Marta pide máis seguridade con 5.600 firmas ao Goberno

Os veciños do barrio compostelán de Santa Marta fixeron entrega este venres dun total de...

Boqueixón licita melloras en accesos a catro aldeas e dous camiños do municipio

O Concello de Boqueixón vén de licitar o proxecto de mellora de varios camiños...

A Xunta e o Concello de Boqueixón analizan a posta en marcha de mecanismos para a cesión de terras agrarias

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Concello de Boqueixón mantiveron unha...

A Festa da Filloa de Lestedo celébrase con éxito tralo paso da treboada Jana

A 42ª edición da Festa da Filloa de Lestedo celebrouse este domingo en Boqueixón...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here