InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNO Concello de Boqueixón dá comezo ás obras para a prevención de...

O Concello de Boqueixón dá comezo ás obras para a prevención de inundacións na aldea de Pazos

Inician obras de canalización e reposición de viarios con financiamento do POS+ Adicional 2/2023

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón comezou recentemente as obras de mellora na aldea de Pazos, en Lestedo, co obxectivo principal de optimizar a canalización das augas pluviais e mellorar a capa de rodaxe dun dos viarios de acceso principais a esta aldea desde a estrada provincial DP-1202. O alcalde, Ovidio Rodeiro, destacou a importancia destas obras para “evitar inundacións e mellorar a conectividade na aldea”.

As obras inclúen a instalación de 105 metros de tubaxe de 400 mm de diámetro e outros 100 metros de tubaxe de 315 mm, así como a colocación de 4 pozos de rexistro e 6 arquetas con sumidoiro. Ademais, engadirase unha arqueta con reixa para reforzar o sistema de drenaxe.

Posteriormente, está previsto repor a capa de rodaxe cunha profundidade de 15 centímetros de formigón sobre unha base de 5 centímetros de grava, abarcando un tramo de aproximadamente 660 metros. Tamén se contempla a mellora dun tramo adicional de 250 metros con tratamento asfáltico superficial e reparación de fochancas.

Estas actuacións forman parte do proxecto ‘Mellora de viario de Pazos á DP-1202 e outros’, financiado con cargo ao POS+ Adicional 2/2023 e licitado a COSMALCA SL por un importe superior aos 60.000 euros. Durante as obras, o acceso pola vía afectada estará restrinxido exclusivamente aos residentes da zona, buscando minimizar as molestias e garantir a seguridade durante o proceso.

ÚLTIMAS

Santiago activa un servizo municipal para asesorar sobre contratos de alugueiro residencial

O Concello de Santiago puxo en marcha este luns o novo Servizo Municipal de...

A Xunta de Goberno autoriza obras no conxunto catedralicio e aproba melloras na Quinta dos Fuentes e en Verdía

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns novas licenzas urbanísticas, proxectos...

As traballadoras da limpeza de Lacera volven á folga este martes nos colexios en Santiago

As traballadoras de limpeza e conserxería dos colexios públicos de Santiago de Compostela, servizo...

Borja Verea propón crear unha primeira rede de cociñas propias en tres colexios de Santiago

O portavoz municipal do PP en Santiago, Borja Verea, presentou este luns unha proposta...

A Xunta autoriza ambientalmente a transformación de 4,8 hectáreas forestais en viñedo no municipio de Boqueixón

A Xunta de Galicia concedeu a avaliación ambiental favorable a un proxecto de cambio...

Rueda anuncia investimentos en estradas e servizos sociais tras reunirse co alcalde de Boqueixón

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo esta semana unha reunión co...

Boqueixón organiza unha andaina pola igualdade e un curso de defensa persoal polo Día da Muller

O Concello de Boqueixón conmemorará o Día Internacional da Muller cunha programación que inclúe...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here