InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNBoqueixón conmemora o 25N cunha concentración e un obradoiro de defensa persoal...

Boqueixón conmemora o 25N cunha concentración e un obradoiro de defensa persoal para mulleres

O municipio visualiza o seu rexeitamento á violencia machista cun acto institucional, o 'Libro Violeta de Boqueixón' e a programación dun taller práctico de autoprotección no ximnasio municipal do Forte

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón celebrou esta mañá un acto institucional diante da casa consistorial para lembrar o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, nunha concentración na que participaron persoal municipal, veciñanza e membros da corporación local encabezada polo alcalde Ovidio Rodeiro. A convocatoria serviu para expresar publicamente o rexeitamento á violencia machista e para visibilizar os recursos cos que conta o municipio e a súa contorna para acompañar ás vítimas.

A concelleira de Igualdade, Ángela Conde, foi a encargada de dar lectura ao manifesto contra a violencia de xénero. Na súa intervención, puxo en valor o traballo desenvolvido polo Centro de Información á Muller (CIM) de Boqueixón, que ao longo deste ano levou a cabo máis de 300 actuacións dirixidas ás mulleres de Boqueixón, Touro e Vedra en materia de asesoramento xurídico, atención psicolóxica e acceso a recursos específicos. A edil insistiu en que “a loita contra a violencia de xénero non é unha cuestión de ideoloxías, é unha realidade social coa que convivimos e que debemos combater unidos”, e engadiu que esta forma extrema de discriminación “avergóñanos como sociedade”. Neste sentido, expresou tamén o rexeitamento do Concello “a aqueles que buscan unha utilización partidista dunha causa que nos debería unir a todos ao redor das vítimas”.

Tras a lectura do manifesto, gardouse un minuto de silencio en memoria das mulleres asasinadas por violencia machista. A continuación, moitas das persoas asistentes achegáronse ao Libro Violeta de Boqueixón, unha iniciativa promovida polo CIM de Boqueixón en colaboración cos Concellos de Boqueixón, Touro e Vedra, co Ministerio de Igualdade e co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Neste volume recóllense mensaxes de reflexión, apoio e solidariedade na loita contra a violencia de xénero, que a cidadanía foi introducindo ao remate do acto como mostra de implicación persoal e colectiva.

No mesmo espazo puido verse tamén o traballo realizado pola rapazada que participa no programa de conciliación familiar ‘Tardes divertidas e de lecer’, impulsado polo Concello. As pezas elaboradas neste obradoiro serviron para incorporar a mirada da infancia e da adolescencia á conmemoración do 25N, vinculando as actividades de conciliación coa educación en materia de igualdade e prevención da violencia machista.

A programación municipal arredor do 25 de novembro pecharase cun obradoiro gratuíto de defensa persoal dirixido a mulleres e mozas do municipio. A actividade, organizada pola Escola Judo Club Boqueixó no marco do proxecto Iberdrola Judo Rural, consistirá nunha sesión práctica, segura e adaptada a todos os niveis, na que as participantes aprenderán técnicas básicas de autoprotección, prevención e reforzo da confianza corporal. O taller terá lugar o venres 28 de novembro, de 20:00 a 22:00, no ximnasio municipal do Forte.

A participación neste obradoiro é totalmente gratuíta, aínda que é necesario inscribirse con antelación a través do correo electrónico escolajudoclub@gmail.com. Coa combinación do acto institucional, o Libro Violeta de Boqueixón e esta formación específica para mulleres, o Concello pecha unha programación centrada en visibilizar a violencia machista, ofrecer recursos de apoio e reforzar a resposta comunitaria fronte a esta problemática na comarca de Santiago.

ÚLTIMAS

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...

Rueda anuncia investimentos en estradas e servizos sociais tras reunirse co alcalde de Boqueixón

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo esta semana unha reunión co...

Boqueixón organiza unha andaina pola igualdade e un curso de defensa persoal polo Día da Muller

O Concello de Boqueixón conmemorará o Día Internacional da Muller cunha programación que inclúe...

A XLIII Festa da Filloa de Lestedo reunirá este domingo autoridades e Xenerais da Ulla no seu día grande

A parroquia de Lestedo, no concello de Boqueixón, acollerá este domingo 22 de febreiro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here