InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNA filloa de Lestedo protagoniza un obradoiro inclusivo en Vedra e Boqueixón

A filloa de Lestedo protagoniza un obradoiro inclusivo en Vedra e Boqueixón

Usuarios de programas sociais participaron nun showcooking e degustación organizados polo GDR Terras de Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

Persoas usuarias da Aula de Estimulación Cognitiva de Agadea Alzheimer en Vedra e do Programa de Prevención da Dependencia de Boqueixón participaron este venres 26 de setembro nun obradoiro gastronómico centrado na filloa de Lestedo, impulsado polo GDR Terras de Compostela.

A actividade desenvolveuse no centro sociocultural de Lestedo e permitiu aos asistentes achegarse á elaboración tradicional das filloas e desfrutar dun showcooking a cargo do cociñeiro José Manuel Mallón, quen amosou diferentes receitas con este produto local como base.

O encontro pechouse cunha degustación que incluíu propostas como filloas con salteado de cabaciño e gambas, canelóns de filloa recheos de Tenreira Galega e filloas flambeadas con augardente de herbas da Ulloa e laranxa.

Ao acto asistiron tamén o presidente da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, José Manuel Canabal; a coordinadora do Programa de Prevención da Dependencia de Boqueixón, María Pereira; e a responsable dos Servizos de Estimulación Cognitiva de Agadea Alzheimer, Lucía Fandiño.

A iniciativa enmárcase na campaña de dinamización turística ‘Terras de Santiago: máis alá de Compostela’, coa que o GDR promove accións inclusivas e de posta en valor da filloa de Lestedo, festa recoñecida como de Interese Turístico Nacional.

ÚLTIMAS

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...

Alfonso Rueda reivindica a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, como exemplo das mulleres do PP no 8M

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou este sábado á alcaldesa...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...

Rueda anuncia investimentos en estradas e servizos sociais tras reunirse co alcalde de Boqueixón

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo esta semana unha reunión co...

Boqueixón organiza unha andaina pola igualdade e un curso de defensa persoal polo Día da Muller

O Concello de Boqueixón conmemorará o Día Internacional da Muller cunha programación que inclúe...

A XLIII Festa da Filloa de Lestedo reunirá este domingo autoridades e Xenerais da Ulla no seu día grande

A parroquia de Lestedo, no concello de Boqueixón, acollerá este domingo 22 de febreiro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here