InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNBoqueixón inicia as obras de mellora na Casa da Cultura de Camporrapado

Boqueixón inicia as obras de mellora na Casa da Cultura de Camporrapado

O proxecto supón un investimento de preto de 45.000 euros e inclúe actuacións na cuberta e no auditorio

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón puxo en marcha os traballos de acondicionamento da Casa da Cultura de Camporrapado, cun orzamento próximo aos 45.000 euros. O alcalde, Ovidio Rodeiro Tato, explicou que a intervención permitirá contar cun “espazo máis seguro, funcional e moderno para toda a veciñanza”.

As actuacións céntranse en dous ámbitos principais. Por unha banda, realizarase a reparación da cuberta, coa limpeza e arranxo de canalóns e baixantes para evitar filtracións de auga. Por outra, acometeranse melloras no auditorio, onde se instalará un novo pavimento continuo e acústico sobre o escenario, ademais da reubicación do trust de luces co obxectivo de optimizar o alumeado. Tamén está prevista a colocación dun proxector láser, que permitirá ampliar as posibilidades técnicas do espazo.

A Casa da Cultura de Camporrapado é un dos principais equipamentos culturais do municipio, polo que o goberno local subliña que estas melloras buscan reforzar o seu uso por parte das asociacións e colectivos veciñais, así como para a programación de actividades culturais e sociais.

ÚLTIMAS

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...

O Concello renuncia á naturalización da Lagoa do Auditorio tras perder o financiamento e licita o mantemento da Rocha Forte

A Xunta de Goberno Local de Santiago acordou este luns formalizar a renuncia á...

A USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibiu en comodato 13 obras do pintor...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here