InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNBoqueixón realizará unha auditoría técnica da rede de saneamento

Boqueixón realizará unha auditoría técnica da rede de saneamento

O Concello investirá preto de 15.000 euros para avaliar e reforzar un sistema que chega a case todos os núcleos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón anunciou que porá en marcha unha auditoría técnica da súa rede de saneamento, cun investimento próximo aos 15.000 euros, co obxectivo de mellorar a eficiencia e a calidade do servizo que se presta á veciñanza.

Segundo explicou o alcalde, Ovidio Rodeiro, a actual rede municipal conta con 92 quilómetros de tubaxes, 14 depuradoras, 13 estacións de bombeo, unha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) e preto de 1.500 conexións. “Trátase dunha infraestrutura potente que nos permite ofrecer un servizo adaptado ás necesidades de cada núcleo e que seguirá reforzándose con novas actuacións tras esta auditoría”, indicou.

Nos últimos anos, o municipio impulsou proxectos como a posta en marcha da nova depuradora de Sergude ou a implantación dun sistema de foxas sépticas comúns con infiltración no terreo para pequenos grupos de vivendas. Con estas medidas, o goberno local prevé que o saneamento chegue ao 100% dos núcleos de poboación, o que Rodeiro considera “un feito excepcional nun concello rural”.

O rexedor tamén lembrou que Boqueixón xa alcanzara un fito singular na provincia ao garantir que toda a veciñanza dispoña de abastecemento de auga de calidade, e destacou que o novo plan permitirá consolidar este modelo de xestión integral da auga.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Pico Sacro acolle a Cerimonia do Lume Sagrado para dar a benvida ao solsticio de verán

O Pico Sacro volveu converterse este mediodía nun espazo de encontro arredor da tradición...

A Xunta autoriza ambientalmente a transformación de 4,8 hectáreas forestais en viñedo no municipio de Boqueixón

A Xunta de Galicia concedeu a avaliación ambiental favorable a un proxecto de cambio...

Rueda anuncia investimentos en estradas e servizos sociais tras reunirse co alcalde de Boqueixón

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo esta semana unha reunión co...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here