InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNO Pico Sacro inicia o proceso para ser declarado Ben de Interese...

O Pico Sacro inicia o proceso para ser declarado Ben de Interese Cultural

Unha primeira xuntanza en Lestedo serviu para abrir un plan participativo de salvagarda do monte

Publicado o

Xornal de Compostela

O local social de Lestedo acolleu a primeira das reunións abertas sobre a proposta de declarar o Pico Sacro como Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de Conxunto Simbólico. A iniciativa, impulsada pola Dirección Xeral de Patrimonio en colaboración co Concello de Boqueixón, busca elaborar un plan de protección con participación de asociacións, colectivos e persoas interesadas. Segundo se anunciou, está previsto convocar unha segunda xuntanza a finais de setembro.

O encontro estivo presidido polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e contou coa intervención de diferentes profesionais vencellados ao estudo do monte. Entre eles, a investigadora do CSIC-Incipi, Cristina Sánchez Carretero, coordinadora do informe técnico; a facilitadora de procesos comunitarios Adela Vázquez Veiga; o técnico de imaxe e son Rubén Vuelta; e o escritor e xornalista Henrique Neira, encargado de abordar a dimensión histórica e simbólica do Pico Sacro.

O proxecto conta co respaldo institucional da Xunta de Galicia, coa que o rexedor mantivo recentemente unha reunión para avanzar nos trámites. Rodeiro subliñou que “o Pico Sacro é un dos referentes culturais e turísticos xa non de Boqueixón senón de Galicia” e lembrou a súa presenza no Códice Calixtino como parte da orixe de Compostela.

O alcalde destacou tamén as diferentes razóns polas que se promove esta declaración: a súa relación coa cultura xacobea e a relixión, a pegada na literatura galega, o interese arqueolóxico, os valores vinculados á espeleoloxía e a súa singularidade xeolóxica, ao tratarse dunha montaña de cuarzo situada nun territorio granítico.

Co inicio deste proceso, o Concello e a Dirección Xeral de Patrimonio pretenden recoñecer e protexer un espazo que, segundo os responsables do proxecto, constitúe un símbolo central da identidade cultural galega.

ÚLTIMAS

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

A nova EDAR da Silvouta avanza na súa posta en marcha coa activación progresiva dos sistemas de tratamento

A nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Silvouta, en Santiago de Compostela,...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

O PSOE pide ao Concello que concrete os cambios nas liñas do rural tras desbloquearse o novo contrato de transporte

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que aproveite o desbloqueo...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here