InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNA Ponte Ledesma acende a súa historia con música e teatro esta...

A Ponte Ledesma acende a súa historia con música e teatro esta fin de semana

Boqueixón celebra a ‘Noite Velada’ e a recreación da Batalla de Ponte Ledesma con entrada libre

Publicado o

Xornal de Compostela

O campo do río de Ponte Ledesma, no concello de Boqueixón, converterase esta fin de semana nun escenario ao aire libre para dous eventos culturais de entrada libre que mesturan tradición, historia e música á beira do río Ulla.

A programación comeza o venres 1 de agosto, ás 21:30, coa celebración dunha nova edición da ‘Noite Velada’, unha proposta impulsada polo Departamento de Turismo municipal que busca poñer en valor o entorno da histórica ponte medieval de Ledesma mediante unha posta en escena iluminada con candeas e teas, evocando unha atmósfera intimista e de recoñecemento ao patrimonio local.

O apartado musical estará protagonizado polos grupos Muxicas da Silveira, a Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio e o conxunto Leirabuxo, todos eles procedentes da contorna. As actuacións terán lugar nun espazo con butacas ata completar aforo, aínda que tamén se poderá seguir de pé ou sentados no céspede. Durante a velada, haberá postos de comida e bebida dispoñibles para as persoas asistentes.

O domingo 3 de agosto, ás 20:00 horas, o mesmo espazo volverá cobrar vida coa recreación da Batalla de Ponte Ledesma, un dos episodios máis lembrados da resistencia local contra o exército napoleónico. Os feitos que se conmemorarán remóntanse a marzo de 1809, cando as tropas da Xunta de Trasdeza lograron repelar ás forzas francesas nunha acción que simboliza o espírito de loita da veciñanza.

A representación contará coa participación de actores e actrices locais, así como dos integrantes da Asociación Cultural Heroes de Casaldeirigo, de Valga, que interpretarán ao exército invasor. A posta en escena será conducida polo actor Suso Martínez, que exercerá como narrador dos acontecementos, e contará coa música en directo de Manoele de Felisa.

O Concello de Boqueixón informou de que, nos días previos aos eventos, se realizaron traballos de limpeza e acondicionamento da contorna da ponte, un espazo natural que combina interese paisaxístico e valor histórico. Estas iniciativas enmárcanse no obxectivo municipal de dinamizar o territorio mediante actividades culturais que reforcen o vencello da poboación co seu patrimonio.

Ambas actividades son de acceso libre e gratuíto, ata completar o aforo, e configuran unha fin de semana de encontro coa memoria colectiva e coa cultura de base local.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Xunta estrea en Boqueixón un distintivo para impulsar o aproveitamento dos alimentos

A Xunta presentou este luns en Boqueixón o distintivo 'Coa comida, Galicia sen desperdicio',...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here