InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNEnoturismo María Manuela celebra a tradición e a innovación na cuarta edición...

Enoturismo María Manuela celebra a tradición e a innovación na cuarta edición dos Maios “Ó noso xeito”

A festa en Boqueixón contará con degustacións, música e a presentación dun libro infantil

Publicado o

Xornal de Compostela

Este sábado 3 de maio, a partir das 17:00 horas, as instalacións de Enoturismo María Manuela, situadas no lugar do Pazo en Boqueixón, acollerán a cuarta edición de Os Maios “Ó noso xeito”, unha festa que busca poñer en valor as tradicións galegas mentres se fusionan con novas propostas culturais e empresariais. A celebración incluirá degustacións de produtos locais, actuacións musicais en directo e presentacións que amosan o espírito innovador e sostible do proxecto María Manuela.

Os asistentes terán a oportunidade de coñecer as instalacións de Enoturismo María Manuela, que inclúen nove cabanas baixo unha carballeira, unha bodega e unha impoñente plantación de uva albariño. O espazo, caracterizado polo seu compromiso co turismo sostible, tamén contará coa presenza de iniciativas emprendedoras que destacan a identidade local da comarca.

Durante o evento, a responsable de Enoturismo María Manuela, Nieves Millán, presentará as novidades do proxecto, que se distingue por fomentar un modelo de negocio sustentable e respetuoso co medio ambiente. Entre as iniciativas emprendedoras que se darán a coñecer, destacan Klout, que ofrece moda sostible con identidade propia, Mamá Teresa, unha marca de doces artesáns feitos con receitas tradicionais, UllaXtreme, que proporciona experiencias de aventura no río Ulla, e Namente Psicoloxía, un proxecto centrado no benestar e crecemento persoal dirixido por Adriana Rodríguez.

Un dos momentos destacados da xornada será a presentación do libro infantil “Cando era pequena”, escrito polo autor arxentino R.J. Peralta e ilustrado por Blanca Millán. A presentación terá lugar ás 17:45 horas e estará presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, xunto co alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here