InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNBoqueixón denuncia un hackeo de liñas móbiles con intento de estafa a...

Boqueixón denuncia un hackeo de liñas móbiles con intento de estafa a través de WhatsApp

O Concello advirte á veciñanza de que ignore calquera solicitude de cartos procedente dos números do alcalde ou da directora do CRA 'Neira Vilas'

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón vén de presentar unha denuncia ante a Garda Civil tras detectar o hackeo de dúas liñas de telefonía móbil municipais: a do alcalde e a da directora do CRA ‘Neira Vilas’. Segundo a información facilitada polo propio consistorio, as liñas foron empregadas por persoas descoñecidas para enviar mensaxes de WhatsApp solicitando cartos a distintos veciños e veciñas da localidade, o que podería constituír un delito de suplantación de identidade e intento de estafa.

Desde o Concello aclaran que non utilizan a plataforma WhatsApp para realizar xestións económicas nin para solicitar pagos por ningún servizo, polo que fan un chamamento urxente á cidadanía para que ignore calquera mensaxe sospeitosa recibida nas últimas 24 horas desde eses números e, sobre todo, que non realice ningún tipo de transferencia, pago por Bizum ou outra operación económica.

O goberno municipal lamenta os prexuízos e a alarma causados e sinala que está a traballar para recuperar o control das liñas afectadas nas próximas horas, ao tempo que confía en que a investigación aberta pola Garda Civil permita identificar e deter á persoa ou persoas responsables do ataque.

O Concello reitera a súa disposición para colaborar coas autoridades policiais e lembra que ante calquera dúbida ou recepción de mensaxes sospeitosas, a veciñanza debe poñerse en contacto directamente co consistorio polos medios oficiais habituais, evitando así caer neste tipo de fraudes.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

A Xunta estrea en Boqueixón un distintivo para impulsar o aproveitamento dos alimentos

A Xunta presentou este luns en Boqueixón o distintivo 'Coa comida, Galicia sen desperdicio',...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here