InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNBoqueixón licita melloras en accesos a catro aldeas e dous camiños do...

Boqueixón licita melloras en accesos a catro aldeas e dous camiños do municipio

O proxecto, cun orzamento de máis de 32.000 euros, estará aberto a ofertas ata o 22 de abril

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón vén de licitar o proxecto de mellora de varios camiños e accesos en diferentes puntos do termo municipal. A actuación, que leva por título ‘Mellora de camiño en Burgo-Lamas e outro’, conta cun orzamento total de 32.168,20 euros e permanecerá aberta á presentación de ofertas ata o 22 de abril.

O obxectivo da iniciativa é optimizar a mobilidade rural e a seguridade viaria nos núcleos afectados. As intervencións están repartidas en catro aldeas e dous camiños pertencentes ás parroquias de Lamas, Pousada, Codeso e Ledesma.

Concretamente, o proxecto contempla a mellora dos accesos ás aldeas de Manlle (Lamas), Eirexe (Pousada), Santaia e Casalvieito (Codeso). En todas estas localizacións prevese a reparación previa de fochancas e o posterior tratamento asfáltico superficial con rego de selado, actuacións que abranguen unha superficie conxunta de 1.740 metros cadrados.

Ademais, inclúese a intervención nun camiño no lugar de Burgo (Lamas), cunha lonxitude de 140 metros e un ancho de 3,5 metros. Neste caso, a actuación será executada en zahorra, cun traballo previo de acondicionamento e saneo mediante pedraplén.

No caso do camiño en Baiuca (Ledesma), a intervención abarca un tramo de 395 metros de longo e 5,5 metros de ancho, onde tamén se aplicará un tratamento asfáltico superficial e rego de selado. Esta mellora inclúe, ademais, unha zona de 150 metros cadrados en forma de abanico.

Estas actuacións forman parte da estratexia do goberno local para reforzar as infraestruturas viarias do rural, facilitando así o tránsito de vehículos e mellorando a calidade de vida da veciñanza destas parroquias. O Concello anima ás empresas interesadas a presentar as súas ofertas antes da data límite establecida.

ÚLTIMAS

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

Goretti Sanmartín proporá conceder a Medalla de Ouro de Santiago a Xosé Manuel Beiras a título póstumo

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este xoves que promoverá a...

Anne Carson gaña o Nobel de Literatura 2026, unha autora que levou o Camiño de Santiago á súa obra

A escritora canadense Anne Carson foi distinguida co Premio Nobel de Literatura 2026, segundo...

Licitadas por case 870.000 euros as obras para mellorar a climatización do centros de saúde de Concepción Arenal e do Milladoiro

A Xunta de Galicia licitou por un importe conxunto de 869.966,67 euros os contratos...

A Xunta estrea en Boqueixón un distintivo para impulsar o aproveitamento dos alimentos

A Xunta presentou este luns en Boqueixón o distintivo 'Coa comida, Galicia sen desperdicio',...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here