InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNOs nenos do Nadal Activo visitan a Casa do Concello de Boqueixón

Os nenos do Nadal Activo visitan a Casa do Concello de Boqueixón

O alcalde recibe aos participantes nunha xornada marcada pola música e a creatividade

Publicado o

Xornal de Compostela

Os 17 nenos e nenas que participan no programa Nadal Activo, organizado polo Concello de Boqueixón para facilitar a conciliación laboral e familiar durante as vacacións, visitaron este luns a casa consistorial. Durante a visita, foron recibidos polo alcalde, Ovidio Rodeiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Ángela Conde.

A rapazada chegou á Casa do Concello cantando panxoliñas e compartiu co alcalde unha das súas creacións destes días: un photocall artesanal elaborado nas instalacións do CPI Antonio Orza Couto, que será utilizado para celebrar as pre-badaladas de Fin de Ano programadas para hoxe.

CONCILIACIÓN E ACTIVIDADES EDUCATIVAS

O Nadal Activo é un programa lúdico-educativo promovido polo Concello que busca ofrecer actividades para os máis pequenos durante as vacacións escolares. Entre as propostas destacan manualidades, xogos e dinámicas que fomentan a creatividade e o espírito de equipo, ao mesmo tempo que axudan ás familias a conciliar os seus horarios laborais e familiares.

O alcalde, Ovidio Rodeiro, agradeceu aos pequenos a súa visita e destacou a importancia de iniciativas como esta para ofrecer unha alternativa de lecer educativa durante as festas. Pola súa banda, a concelleira Ángela Conde resaltou o esforzo do equipo organizador por promover actividades que combinen aprendizaxe e diversión.

O programa Nadal Activo continuará nos vindeiros días con novas propostas ata o remate das vacacións escolares.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

Unha persoa resulta ferida tras unha colisión entre dous coches en Boqueixón

Unha persoa resultou ferida na mañá deste domingo tras un choque entre dous vehículos...

Os Reis Magos reúnen centos de persoas no polideportivo do Forte durante o Festival de Reis de Boqueixón

Melchor, Gaspar e Baltasar foron os protagonistas do tradicional Festival de Reis organizado polo...

A CIG desconvoca a folga na Lavandaría Elis de Boqueixón tras un acordo sobre o calendario laboral de 2026

O sindicato CIG desconvocou a folga prevista na Lavandaría Elis de Boqueixón para os...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here