InicioSANTIAGOBOQUEIXÓNBoqueixón fomenta a compostaxe doméstica cunha campaña de accións informativas e formativas

Boqueixón fomenta a compostaxe doméstica cunha campaña de accións informativas e formativas

O Concello busca reducir a pegada ecolóxica promovendo a valorización dos residuos orgánicos no rural

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Boqueixón vén de lanzar unha nova campaña de compostaxe doméstica que se desenvolverá ao longo dos meses de novembro e decembro. Esta iniciativa ten como obxectivo principal reducir a pegada ecolóxica da veciñanza a través da valorización in situ dos residuos orgánicos xerados nos fogares, promovendo así unha xestión sostible dos recursos no rural.

Segundo explicou o alcalde, Ovidio Rodeiro Tato, o Concello leva anos impulsando esta práctica: “Temos repartido case un milleiro de composteiros entre os veciños e veciñas e realizado campañas de sensibilización para reducir a xeración de residuos e promover a reciclaxe. Isto non só ten beneficios ambientais, senón tamén económicos, xa que se pode transformar o lixo orgánico nun compost de calidade que serve de abono”.

Para asegurar a correcta implementación da compostaxe doméstica, o Concello programou varias charlas informativas dirixidas tanto aos actuais como aos futuros usuarios dos composteiros. Estas reunións realizaranse por parroquias e incluirán visitas aos fogares dos usuarios e usuarias que xa empregan composteiros, así como sesións formativas no CPI Antonio Orza Couto. Ademais, instalarase un punto informativo na Feira de Lestedo.

A veciñanza será informada destas actividades a través dos medios habituais do Concello e chamadas telefónicas aos usuarios do programa. Os interesados en sumarse á iniciativa poden poñerse en contacto por correo en biorresiduos@concellosostible.gal ou no teléfono 699 526 341.

UN COMPROMISO CO MEDIO AMBIENTE E A ECONOMÍA CIRCULAR

Dende 2013, o Concello de Boqueixón promove a participación activa da cidadanía na xestión responsable dos residuos orgánicos. Grazas á compostaxe doméstica, redúcese a cantidade de residuos que deben ser transportados a vertedoiros, favorecendo así unha economía circular que permite converter os restos de alimentos en abono natural de alta calidade. A redución destes residuos tamén supón unha menor frecuencia de recollida e, polo tanto, unha diminución das emisións de CO₂.

Esta campaña conta co apoio da Xunta de Galicia e do Ministerio para a Transición Ecolóxica, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, con financiamento da Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Fotowalk Galicia reúne en Boqueixón máis dunha trintena de afeccionados á fotografía

Un total de 34 persoas afeccionadas á fotografía chegadas de distintos puntos de Galicia...

Boqueixón licita novas obras de saneamento por preto de 70.000 euros para seis aldeas

O Concello de Boqueixón vén de licitar dous proxectos destinados a ampliar e mellorar...

Boqueixón completa antes de agosto a roza de máis de 250 quilómetros de pistas municipais

O Concello de Boqueixón deu por rematada antes do inicio de agosto a limpeza...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here